Parque Nacional de Kaziranga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 26°40′N 93°21′L / 26.667, -93.350

Parque Nacional de Kaziranga
Beauty of Kaziranga National Park.jpg
Parque Nacional de Kaziranga en India
Parque Nacional de Kaziranga
Parque Nacional de Kaziranga
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísIndia India
Localización26°40′N 93°21′L / 26.667, -93.350
TipoNatural
CriteriosIX, X
Inscrición1985 (9ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia
Identificador337

O Parque Nacional de Kaziranga é un parque nacional que se atopa nos distritos de Golaghat e Nagaon do estado de Assam, na India. O parque, que alberga dous terzos da poboación mundial de rinoceronte da India, é Patrimonio da Humanidade dende 1985.[1] Segundo o censo realizado en marzo de 2018, que foi realizado conxuntamente polo Departamento Forestal do Goberno de Assam e algunhas ONG recoñecidas de vida salvaxe, a poboación de rinocerontes no Parque Nacional de Kaziranga é de 2 413 exemplares. Conta con 1 641 rinocerontes adultos (642 machos, 793 femias, 206 sen sexo identificado); 387 subadultos (116 machos, 149 femias, 122 sen sexo identificado); e 385 crías.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bhaumik, Subir (17 de abril de 2007). "Assam rhino poaching 'spirals'". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2008. Consultado o 2008-08-23. 
  2. Dutt, Anonna (30 de marzo de 2018). "Kaziranga National Park's rhino population rises by 12 in 3 years". Hindustan Times. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]