Saltar ao contido

Richard Widmark

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Widmark

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Richard Weedt Widmark Editar o valor en Wikidata
26 de decembro de 1914 Editar o valor en Wikidata
Sunrise Township, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 2008 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Roxbury, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGreat Oak Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónLake Forest College (en) Traducir
Princeton High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de cinema, actor, produtor, realizador, director de cinema, actor de teatro, actor de televisión, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1938 Editar o valor en Wikidata - 2001 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWestern, cinema dramático, Cinema negro, filme épico (pt) Traducir, filme de suspense, filme sobre crime, cinema de aventuras, filme de acción, cinema bélico, filme de misterio, cinema de ciencia ficción, Cinema de terror, cinema de comedia, documental, science fiction horror film (en) Traducir, cinema romántico, cinema de terror psicolóxico e cinema de suspense psicolóxico Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSusan Blanchard (1999–2008)
Jean Hazlewood (1942–1997) Editar o valor en Wikidata
FillosAnne Heath Widmark
 () Jean Hazlewood Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001847 Allocine: 1301 Rottentomatoes: celebrity/richard_widmark Allmovie: p76135 TCM: 205803 IBDB: 64894
BNE: XX4579619 Discogs: 2589289 WikiTree: Widmark-26 Find a Grave: 25545881 Editar o valor en Wikidata

Richard Weedt Widmark, nado en Sunrise, Minnesota,[1] o 26 de decembro de 1914 e finado en Roxbury, Connecticut, o 24 de marzo de 2008[2], foi un actor estadounidense. Iniciado no teatro e na radio, pasou ao cinema en 1947, destacando pola súa versatilidade, interpretando papeis en filmes de cinema negro, do oeste ou de aventuras.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Richard Widmark creceu na localidade de Princeton, Illinois. Por mor da profesión do seu pai, representante comercial, o mozo Richard residiu en diferentes poboacións durante a súa infancia e adolescencia.[3] Finalmente, acudiu ao Lake Forest College, onde estudou interpretación.[4] Debutou na radio, en 1938, no serial Aunt Jenny's Real Life Stories. Comezou a traballar en Broadway, en 1943, coa obra Kiss and Tell. Foi declarado incapacitado durante a segunda guerra mundial, debido a unha perforación do tímpano.

A súa magnífica interpretación nesa obra de teatro foi moi apreciada polo director Henry Hathaway, quen contou con el para facelo debutar no cinema con Kiss of Death, en 1947. Widmark facía o papel do gánster asasino Tommy Udo.[5] A escena que pasou á historia deste filme é na que Udo empurra unha anciá (interpretada por Mildred Dunnock) nunha cadeira de rodas escaleiras abaixo.[3] O filme foi un éxito rotundo e Widmark converteuse nunha estrela. Deste xeito, o actor conseguiu un contrato de sete anos coa 20th Century Fox.[6] Ademais, gañou o premio ao mellor actor revelación dos Globos de Ouro, e foi candidato ao Óscar ao mellor actor secundario.[5]

Richard Widmark foi un actor de culto que interpretou solidamente personaxes duras, estruturadas e monolíticas, mais que nalgún momento deixan entrever un tenue transfondo de humanidade.

Durante a década dos 40 e dos 50, Widmark interveu en moitas producións. Entre os seus mellores títulos, destacan Night and the City (1950), de Jules Dassin; No Way Out (1950), de Joseph L. Mankiewicz; Panic in the Streets (1951), de Elia Kazan; Broken Lance (1954), de Edward Dmytryk; The Cobweb (1955), de Vincente Minnelli; The Last Wagon (1956), de Delmer Daves e The Law and Jake Wade (1958), de John Sturges.

Na década dos 60 protagonizou algúns dos seus títulos máis coñecidos, como O Álamo (1960), de John Wayne; Judgment at Nuremberg (1961), de Stanley Kramer; Two Rode Together (1961), de John Ford ou Brigada homicida (1968), filme dirixido por Don Siegel. Precisamente a personaxe deste último filme, o detective Madigan, tamén triunfou na televisión durante os anos 70. Un dos seus filmes máis destacados foi The Bedford Incident (1965) onde protagonizou xunto a Sidney Poitier un filme bélico de intensa tensión emocional.

Widmark estivo casado coa escritora Jean Hazlewood dende 1942 até a morte dela, ocorrida o 2 de marzo de 1997. En setembro de 1999, Widmark casou con Susan Blanchard. Widmark vivía dende entón retirado das pantallas, en Roxbury, Connecticut.

O actor faleceu o 24 de marzo de 2008 aos 93 anos no seu fogar de Roxbury despois que a rotura dunha vértebra meses atrás causase un empeoramento do seu estado de saúde tras unha longa doenza.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1947 Kiss of Death Tommy Udo
1948 The Street with No Name Alec Stiles
1948 Road House Jefferson T. "Jefty" Robbins
1948 Yellow Sky Dude
1949 Down to the Sea in Ships First Mate Dan Lunceford
1949 Slattery's Hurricane Tte. Willard Francis Slattery
1950 Night and the City Harry Fabian
1950 Panic in the Streets Tte. Cmdr. Clinton "Clint" Reed M.D.
1950 No Way Out Ray Biddle Coprotagonizado por Sidney Poitier
1951 Halls of Montezuma Tte. Anderson
1951 The Frogmen Tte. Cmdr. John Lawrence
1952 Red Skies of Montana Cliff Mason
1952 Don't Bother to Knock Jed Towers
1952 O. Henry's Full House Johnny Kernan Episodio: "The Clarion Call"
1952 My Pal Gus Dave Jennings
1953 Destination Gobi CPO Samuel T. McHale
1953 Pickup on South Street Skip McCoy
1953 Take the High Ground! Sgt. Thorne Ryan
1954 Hell and High Water Capt. Adam Jones
1954 Garden of Evil Fiske
1954 Broken Lance Ben Devereaux
1955 A Prize of Gold Sergeant Joe Lawrence
1955 The Cobweb Dr. Stewart "Mac" McIver
1956 O sexto fuxitivo Jim Slater
1956 Run for the Sun Michael "Mike" Latimer
1956 The Last Wagon Comanche Todd
1957 Saint Joan The Dauphin, Charles VII
1957 Time Limit Col. William Edwards Produtor
1958 The Law and Jake Wade Clint Hollister
1958 The Tunnel of Love August "Augie" Poole
1959 The Trap Ralph Anderson
1959 Warlock Johnny Gannon
1960 O Álamo Colonel Jim Bowie
1961 The Secret Ways Michael Reynolds Produtor; director sen acreditar
1961 Two Rode Together Primeiro Tte. Jim Gary
1961 Judgment at Nuremberg Col. Tad Lawson
1962 A conquista do Oeste Mike King
1964 The Long Ships Rolfe Segundo filme con Sidney Poitier
1964 Flight from Ashiya L:t. Col. Glenn Stevenson
1964 O gran combate Capt. Thomas Archer
1965 The Bedford Incident Captain Eric Finlander U.S.N. Produtor; terceiro filme con Sidney Poitier
1966 Álvarez Kelly Col. Tom Rossiter
1967 The Way West Lije Evans
1968 Brigada homicida Det. Daniel Madigan
1969 Death of a Gunfighter Marshal Frank Patch
1969 A Talent for Loving Major Patten
1970 The Moonshine War Dr. Emmett Taulbee
1972 When the Legends Die Red Dillon
1974 Asasinato no Orient Express Lenfranco Cassetti
1976 To the Devil a Daughter John Verney
1976 The Sell Out Sam Lucas
1977 Twilight's Last Gleaming Gen. Martin MacKenzie – Commanding General SA
1977 The Domino Principle Tagge
1977 Rollercoaster Agent Hoyt
1978 Coma Dr. Harris
1978 The Swarm Gen. Slater
1979 Bear Island Otto Gerran
1982 National Lampoon Goes to the Movies Stan Nagurski "Municipalians"
1982 Hanky Panky Ransom Dirixido por Sidney Poitier
1982 Who Dares Wins Secretary of State Arthur Currie
1984 Against All Odds Ben Caxton
1991 True Colors Sen. James Stiles
  1. "Sunrise: Birthplace of Hollywood Actor Richard Widmark". Sunrise Township. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2008. Consultado o 26 de marzo de 2008. 
  2. Richard Widmark, actor, un clásico de Hollywood
  3. 3,0 3,1 Harmetz, Aljean (26 de marzo de 2008). "Actor Richard Widmark Dies at 93". The New York Times. Consultado o 26 de marzo de 2008. 
  4. Kassabaum, Bartlett Lee (18 de marzo de 2016). "Richard Widmark: A Princeton legend". Bureau County Republican. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 "Tough-guy actor Richard Widmark dies at 93". CNN. Associated Press. 26 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2008. Consultado o 26 de marzo de 2008. 
  6. "Actor Richard Widmark Dies". New York Daily News. Associated Press. 26 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 2008-03-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]