Jules Dassin
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Julius Dassin 18 de decembro de 1911 Middletown |
| Morte | 31 de marzo de 2008 Atenas |
| Causa da morte | gripe |
| Lugar de sepultura | Primeiro cemiterio de Atenas |
| Grupo étnico | Pobo xudeu |
| Relixión | Xudaísmo |
| Educación | Morris High School (en) Camp Kinderland (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | director de cinema, director teatral, realizador, actor, guionista, produtor de cinema, actor de cinema |
| Período de actividade | 1934 |
| Xénero artístico | Cinema negro |
| Familia | |
| Cónxuxe | Melina Mercouri (1966–1994), morte do cónxuxe Béatrice Launer (1933–1962), divorcio |
| Fillos | Joe Dassin ( Richelle Dassin ( Julie Dassin ( |
| Parentes | Julien Dassin, neto Jonathan Dassin, neto |
| Premios | |
| |
Julius "Jules" Dassin, nado en Middleton (Connecticut) o 18 de decembro de 1918 e finado en Atenas (Grecia) o 31 de marzo de 2008 foi un director de cinema estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dassin foi un dos oito fillos do barbeiro Samuel Dassin e Berthe Vogel. A súa familia era xudía de orixe rusa. Creceu en Harlem e estudou no instituto no Bronx. Na década de 1930 uniuse ao Communist Party USA, mais abandonouno en 1939 tralo pacto entre Hitler e Stalin. Comezou coma actor na compañía ARTEF (Yiddish Proletarian Theater) de Nova York.
Dassin comezou a ser coñecido polos seus filmes de cinema negro Brute Force (1947), The Naked City (1948) e Thieves' Highway (1949), ue o converteron nun dos principais directores estadounidenses da posguerra.[1]
En 1948 o produtor Darryl F. Zanuck chamou a Dassin para informalo que ía entrar na lista negra, pero que tiña tempo de facer un filme para a Fox.[2] Entrou finalmente durante a produción de Night and the City en 1950 e non se lle permitiu montar nin supervisar a banda sonora do filme.[3] Tamén tivo problemas para atopar traballo no estranxeiro, porque as compañías evitaban a distribución destes filmes en Europa. En 1952 a actriz Bette Davis contratouno para dirixila na súa obra Two's Company. O espectáculo pechou axiña e Dassin marchou a Europa, sen traballar coma director ata que chegou a produción francesa Du Rififi chez les hommes (1954). A maior parte da obra de Dassin nas décadas seguintes foron producións europeas.
En 1955 coñeceu a actriz Melina Mercouri no Festival de Cannes e nesa época descubriu a obra literaria de Nikos Kazantzakis. Estes dous elementos ligárono a Grecia. En 1962 divorciouse da súa primeira esposa e casou co Mercouri, matrimonio que durou ata a morte dela. A parella tivo que abandonar Grecia tralo golpe dos coroneis en 1967. Viviron entón en Nova York ata a caída da ditadura en 1974 cando volveron ao país. A súa prolífica carreira en Europa e a súa relación con Grecia, combinado coa pronuncia habitual do seu apelido en Europa, "Da-SAN", en lugar de "DASS-in", como se pronunciaba nos Estados Unidos, levou ao feito común de consideralo un director europeo.[3]
Foi un dos grandes impulsores do regreso dos mármores de Elgin a Grecia, para o que creou a Institución Melina Mercouri na súa lembranza. Faleceu en 2008 por complicacións da gripe.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme | Acreditado como | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Director | Produtor | Guionista | Actor | Personaxe | ||
| 1941 | The Tell-Tale Heart | |||||
| 1942 | Nazi Agent | |||||
| The Affairs of Martha | ||||||
| Reunion in France | ||||||
| 1943 | Young Ideas | |||||
| 1944 | The Canterville Ghost | |||||
| 1946 | Two Smart People | |||||
| A Letter for Evie | ||||||
| 1947 | Brute Force | |||||
| 1948 | The Naked City | |||||
| 1949 | Thieves' Highway | |||||
| 1950 | Night and the City | |||||
| 1955 | Du Rififi chez les hommes | César le Milanais | ||||
| 1957 | Celui qui doit mourir | |||||
| 1959 | La legge | |||||
| 1960 | Never on Sunday | Homer Thrace | ||||
| 1962 | Phaedra | Christo | ||||
| 1964 | Topkapi | Turkish cop | ||||
| 1966 | 10:30 P.M. Summer | |||||
| 1968 | Hamilchama al hashalom | |||||
| Uptight | ||||||
| 1970 | La Promesse de l'aube | Ivan Mozzhukhin | ||||
| 1974 | I Dokimi | |||||
| 1978 | Kravgi gynaikon | |||||
| 1980 | Círculo de dous | |||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Luther, Claudia (1 de abril de 2008). "Blacklisted Director Jules Dassin Dies at 96". The Times. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2012. Consultado o 23 de maio de 2015.
- ↑ Cineaste, Dan Georgakas, primavera 2007, p.72
- 1 2 Dassin, Jules (1 de febreiro de 2005). Night and the City (post-screening interview in DVD supplements). Criterion Collection.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jules Dassin na IMDb (en inglés).
- Fotografías da familia Dassin (en francés)
- Jules Dassin en The New York Times Movies (en inglés)
- Obituario en New York Times (en inglés)
- Obituario (en inglés)
