Henry Hathaway
Henry Hathaway | |
---|---|
Nome completo | Marquis Henri Léopold de Fiennes |
Nacemento | 13 de marzo de 1898 |
Lugar | Sacramento (California) |
Falecemento | 11 de febreiro de 1985 (86 anos) |
Lugar | Hollywood (Os Ánxeles) |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Holy Cross Cemetery |
Nacionalidade | ![]() |
Profesión | Director, produtor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Henri Léopold de Fiennes, nado en Sacramento (California) o 13 de marzo de 1898 e finado en Hollywood, nos Ánxeles, o 11 de febreiro de 1985, foi un director de cinema e produtor estadounidense, coñecido por Henry Hathaway.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en California, fillo do actor estadounidense Rhody Hathaway (1868–1944), e a aristócrata belga de orixe húngara Marquise Lillie de Fiennes (1876–1938), que tamén actuaba co nome artístico de Jean Hathaway.
Comezou a traballar no cinema mudo en 1925 como axudante de directores como Victor Fleming e Josef von Sternberg e con eles pasou ao cinema sonoro. Debutou en 1932 co western Heritage of the Desert, baseado nunha novela de Zane Grey, no que Randolph Scott tivo o seu primeiro papel protagonista.
Durante a década de 1940 dirixiu filmes semidocumentais con estilo de cinema negro, como The House on 92nd Street (1945). Nos anos sesenta dirixiu a John Wayne en varios filmes destacados, como Valor de lei (1969), co que Wayne gañou o Oscar ao mellor actor.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Heritage of the Desert (1932)
- Wild Horse Mesa (1932)
- The Thundering Herd (1933)
- Under the Tonto Rim (1933)
- Sunset Pass (1933)
- Man of the Forest (1933)
- To the Last Man (1933)
- The Last Round-Up (1934)
- Now and Forever (1934)
- The Lives of a Bengal Lancer (1935)
- Peter Ibbetson (1935)
- The Trail of the Lonesome Pine (1936)
- Souls at Sea (1937)
- The Real Glory (1939)
- Johnny Apollo (1940)
- The Shepherd of the Hills (1941)
- Ao caer o día (1941)
- China Girl (1942)
- Wing and a Prayer (1944)
- The House on 92nd Street (1945)
- The Dark Corner (1946)
- Kiss of Death (1947)
- 13 Rue Madeleine (1947)
- Call Northside 777 (1948)
- Down to the Sea in Ships (1949)
- The Black Rose (1950)
- The Desert Fox: The Story of Rommel (1951)
- Fourteen Hours (1951)
- Rawhide (1951)
- Diplomatic Courier (1952)
- Niagara (1953)
- White Witch Doctor (1953)
- Garden of Evil (1954)
- O príncipe valente (1954)
- The Bottom of the Bottle (1956)
- 23 Paces to Baker Street (1956)
- Legend of the Lost (1957)
- Do inferno a Texas (1958)
- Woman Obsessed (1959)
- Seven Thieves (1960)
- North to Alaska (1960)
- A conquista do Oeste (1962) (codirixida con John Ford e George Marshall)
- O fabuloso mundo do circo (1964)
- The Sons of Katie Elder (1965)
- Nevada Smith (1966)
- The Last Safari (1967)
- O poquer da morte (1968)
- Valor de lei (1969)
- Airport (1970) (só algunhas escenas)
- Raid on Rommel (1971)
- Círculo de lume (1971)
- Hangup (1974)