Richard Linklater

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Richard Linklater
Richard Linklater.jpg
Linklater en 2007
Nome completo Richard Stuart Linklater
Nacemento 30 de xullo de 1960 (58 anos)
Lugar Houston, Texas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Cónxuxe(s) Christina Harrison
Fillos Lorelei Linklater
Profesión Director, produtor, guionista
editar datos en Wikidata ]

Richard Stuart Linklater, nado en Houston (Texas) o 30 de xullo de 1960[1] é un director de cinema e guionista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Sam Houston State University, ata que a abandonou para traballar nunha perforadora de petróleo no golfo de México. Nese tempo lía novelas e comezou a interesarse polo cinema, empregando os seus aforros na compra dunha cámara de Super 8, un proxector e un equipo de edición. En 1984 entrou no Austin Community College para estudar cinema[2] e o ano seguinte fundou xunto con Lee Daniel a Austin Film Society.

Durante varios anos realizou curtametraxes que máis ben se poden considerar exercicios e experimentos sobre as técnicas cinematográficas. Pouco despois dirixiu Slacker, que cun orzamento de 23.000 dólares recadou máis dun millón. O seu seguinte filme, Dazed and Confused, foi un éxito de crítica, recadou oito millóns de dólares nos Estados Unidos e deu a coñecer o actor texano Matthew McConaughey.

En 1995 gañou o Oso de Ouro en Berlín por Before Sunrise, filme que continuaría cos mesmos actores en anos posteriores.

Xa no século XXI dirixiu filmes de animación como Waking Life e A Scanner Darkly, e comedias comerciais como School of Rock e Bad News Bears. En 2014 estreou o filme Boyhood, que rodou durante doce anos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título
1988 It's Impossible to Learn to Plow by Reading Books
1991 Slacker
1993 Dazed and Confused
1995 Before Sunrise
1996 SubUrbia
1998 The Newton Boys
2001 Waking Life
2001 Tape
2003 School of Rock
2004 Before Sunset
2005 Bad News Bears
2006 Fast Food Nation
2006 A Scanner Darkly
2008 Me and Orson Welles
2011 Bernie
2013 Before Midnight
2014 Boyhood

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo o estado de Texas. Texas Birth Index, 1903–1997. En Ancestry.com
  2. Alison Macor. Chainsaws, Slackers, and Spy Kids 30 Years of Filmmaking in Austin, Texas University of Texas Press: Austin, 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]