Saltar ao contido

Before Sunrise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Before Sunrise
 Instancia de
 Título
Before Sunrise (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Época ambientación
Implicados
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
31 de marzo de 1995 (Suíza)
27 de xaneiro de 1995 (Estados Unidos de América)
30 de marzo de 1995 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Cifras e dimensións
 Duración
 97 min Editar o valor en Wikidata
 Custo
 2500000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
 5987386 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
Códigos e identificadores
VIAF181137616 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-2D2A-0000-C-0000-0000-1 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03dbg_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
100% Rotten Tomatoes (15 de xaneiro de 2026)
79/100 Metacritic (15 de xaneiro de 2026)
8.4/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0112471 Filmaffinity: 122813 Allocine: 38493 Rottentomatoes: m/before_sunrise Mojo: beforesunrise Allmovie: v133986 TCM: 18454 Metacritic: movie/before-sunrise TV.com: movies/before-sunrise Netlix: 293391 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Before Sunrise é un filme estadounidense de 1995 dirixido por Richard Linklater e escrito por Linklater e Kim Krizan. É a primeira entrega da triloxía Before, e conta a historia de Jesse (Ethan Hawke) e Céline (Julie Delpy) que se encontran nun Eurail con destino a Viena, onde pasan a noite xuntos. Gañou o premio á mellor dirección no Festival Internacional de Cinema de Berlín. As súas secuelas son Before Sunset (2004) e Before Midnight (2013).

Céline (Julie Delpy) é unha estudante francesa que vén de visitar a súa avoa en Budapest. Jesse (Ethan Hawke) é un mozo estadounidense que realiza unha viaxe a través de Europa despois de ser abandonado pola súa noiva, a quen fora a visitar a Madrid.

Céline e Jesse atópanse nun tren, no traxecto entre Budapest e Viena. Chegados a Viena, Jesse debe baixar e logra convencer a Céline para que pase unha noite con el na capital austríaca. No curso desa noite coñécense a fondo, discuten e revelan cuestións diversas como a vida, a morte, o amor e o sexo. Visitan moitos lugares de Viena mentres conversan, e ao día seguinte deben separarse. Pero no último momento, mentres Céline se apresta a abordar o tren, deciden reencontrarse no mesmo lugar (a estación de Viena), á mesma hora, seis meses máis tarde sen pasarse ningún dato de contacto.

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]