Martha e George forman un matrimonio de mediana idade, intelectuais, que se aman e se odian. Despois dunha festa na casa do pai de Martha, o presidente da universidade en que George dá clases, a parella volve á súa residencia e, bastante embriagados, acollen a Nick e Honey, unha parella de mozos que tamén estaba na festa e que vive lonxe. Nick é tamén profesor na universidade.
Avergoñados polo clima tenso entre George e Martha, que acaban de ter unha violenta discusión, os mozos comezan a beber tamén xunto aos seus anfitrións. Martha insinúase abertamente a Nick e humilla a George que, despeitado, "inventa" un "xogo da verdade", inducindo as persoas ao seu arredor a confesaren detalles íntimos.
Nos premios da BAFTA gañou os de mellor filme, mellor actor británico (Richard Burton) e mellor actriz británica (Elizabeth Taylor). Taylor recibiu tamén o New York Film Critics Circle Awards á mellor actriz.