República parlamentaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Repúblicas parlamentarias»)
     Estados con república parlamentaria

Unha República parlamentaria ou República constitucional parlamentaria é unha forma de goberno que opera baixo un sistema parlamentario.

En oposición á República presidencialista e a República semipresidencialista, o xefe do estado, normalmente, non ten poderes executivos reais como un Presidente executivo, xa que a maioría destes poderes fóronlle concedidos ao xefe de goberno, normalmente chamado primeiro ministro. Con todo, o xefe de estado e o xefe de goberno deben formar unha soa oficina nunha república parlamentaria (como Suráfrica ou Botswana), pero o presidente séguese elixindo do mesmo xeito que o primeiro ministro nos estados tipo Sistema de Westminster. En certas ocasións o Presidente ha de ter poder executivo legal, para levar a cabo o día a día das institucións (como en Finlandia ou Irlanda) pero non fan uso destes poderes. Algunhas repúblicas parlamentarias poderían, xa que logo, ser vistas como repúblicas cun sistema semipresidencialista, pero funcionando dunha forma parlamentaria.

Desenvolvemento histórico[editar | editar a fonte]

As repúblicas parlamentarias prototípicas, son aquelas que proveñen de estados que previamente eran monarquías, cun monarca, ou un representante do mesmo (sobre todo nas repúblicas da Commonwealth. Así o rei ou xefe de estado foi substituído por un de elección democrática, pero mantendo a falta de poder executivo do mesmo. Existen, así mesmo, un gran número de repúblicas parlamentarias que foron países cun só partido legal, localizadas no bloque do leste ou na mesma Unión Soviética.

Lista das actuais Repúblicas parlamentarias[editar | editar a fonte]

País Anteriormente República parlamentaria adoptada en Xefe de Estado elixido
Albania Estado cun só partido 1991 polo parlamento, por maioría de tres quintos
Austria Austria Estado cun só partido 1955 directamente, en segunda rolda
Bangladesh[1] República Presidencialista (Parte de Paquistán) 1971 polo parlamento
Botswana Botswana Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1967 polo parlamento
Bulgaria Bulgaria Estado cun só partido 1947 polo parlamento
Croacia Croacia Estado cun só partido (Parte de Iugoslavia) 1991 directamente, en segunda rolda
Checoslovaquia Checoslovaquia Estado cun só partido (Parte de Checoslovaquia) 1993 polo parlamento, por maioría
Dominica Territorio Británico de Ultramar 1978 polo parlamento, por maioría
Eslovaquia Eslovaquia Estado cun só partido (Parte de Checoslovaquia) 1993 polo parlamento
Eslovenia Eslovenia Estado cun só partido (Parte de Iugoslavia) 1991 directamente, en segunda rolda
Estonia Estonia Estado cun só partido (Parte da Unión Soviética) 1992 polo parlamento, por maioría de dous terzos
Etiopía Etiopía Estado cun só partido 1991 polo parlamento, por maioría de dous terzos
Finlandia Finlandia Monarquía Constitucional (Parte do Imperio Ruso) 1919 directamente, en segunda rolda
Alemaña Alemaña Estado cun só partido 1949 pola Asemblea federal (Parlamento e delegados estatais), por maioría de dous terzos
Grecia Grecia Directorio militar 1974 polo parlamento, por maioría
Hungría Hungría Estado cun só partido 1990 polo parlamento, por maioría absoluta
Islandia Islandia Monarquía Constitucional (Parte de Dinamarca) 1944 directamente
India India Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1950 polo parlamento e os lexisladores estatais
Iraq Estado cun só partido 2005 polo parlamento, por maioría de dous terzos
Irlanda Irlanda Monarquía constitucional (Reino da Commonwealth) 1949 directamente
Israel Protectorado (Parte do Mandato británico de Palestina) 1949 polo parlamento, por maioría de dous terzos
Italia Italia Monarquía constitucional 1948 polo parlamento, por maioría
Letonia Letonia Estado cun só partido (Parte da Unión Soviética) 1991 polo parlamento
Lituania Lituania Estado cun só partido (Parte da Unión Soviética) 1990 directamente, en segunda rolda
Macedonia do Norte Macedonia do Norte Estado cun só partido (Parte de Iugoslavia) 1991 directamente, en segunda rolda
Mauricio Mauricio Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1992 polo parlamento, por maioría
Polonia Polonia Estado cun só partido 1990 directamente, en segunda rolda
Portugal Portugal Directorio militar 1976 directamente, en segunda rolda
Serbia Serbia Estado cun só partido (Parte de Iugoslavia) 1992 directamente, en segunda rolda
Singapur Monarquía Constitucional (Parte de Malaisia) 1965 directamente, por segunda rolda
Suíza Suíza Directorio militar (Ocupado por Francia) 1802 Polo parlamento[2]
Timor Oriental Directorio militar (Ocupado por Indonesia) 1999 directamente, en segunda rolda
Turquía Turquía Monarquía absoluta (Parte do Imperio Otomán) 1923 polo parlamento, por maioría de dous terzos
Vanuatu Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1947 polo parlamento e o consello rexional de presidentes, por maioría
Sudáfrica Suráfrica Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1961 polo parlamento, por maioría
Malta Malta Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1974 directamente, en segunda rolda
Trinidad e Tobago Monarquía Constitucional (Reino da Commonwealth) 1976 polo parlamento

Lista de antigas repúblicas parlamentarias[editar | editar a fonte]

País Ano de comezo da república parlamentaria Ano do cambio de status Cambiado a Status cambiado por
España Segunda República Española 1931 1939 Ditadura franquista Vitoria franquista na guerra civil
Francia Cuarta República Francesa 1946 1958 República semipresidencialista (Quinta República Francesa) Inestabilidade política
Fidxi Fidxi 1987 2006 Directorio militar Golpe de estado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. In Bangladesh, a Caretaker government takes over for three months during parliamentary elections. The Caretaker government is headed by a Chief advisor (the last Chief Justice to retire), and a group of neutral, non-partisan advisors chosen from the civil society. During this time, the president has jurisdiction over the Ministry of defense and the Ministry of foreign affairs.
  2. Non hai nin Primeiro Ministro, nin Presidente de Suíza. O Presidente da Confederación Helvética é un mero primus inter pares no Consello Federal Suízo, os sete membros executivos do consello que forman o goberno, forman así mesmo a xefatura do estado helvético.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]