Saltar ao contido

Remismundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRemismundo
Biografía
Nacementoséculo V Editar o valor en Wikidata
Morte469 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Rei dos suevos Gallaecia
463 –
← Requimundo, FrumarioPeríodo escuro do Reino suevo → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoSuevos Editar o valor en Wikidata
RelixiónArianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiMaldras Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata

Remismundo, nado a comezos do século V, foi un rei suevo do Reino de Galicia[1][2] dende o 463 ata, polo menos, o 469, cando morre o historiador Hidacio. Foi responsable da reunificación e pacificación do reino tras a morte de Frumario, pactou con Teodorico II e converteuse ao arianismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Remismundo aparece ao final da guerra civil sueva. Aínda que os suevos e galaicos volveron firmar a paz cara o 461, o resentimento e actividade diplomática cos visigodos e Roma non cesou por parte dos diferentes bandos.[1]

Esta situación non cambiaría ata a morte de Frumario no 463, cando os suevos escollen a Remismundo como único rei, a quen Isidoro de Sevilla recoñece como fillo de Maldras ( "Remismundo Masdrae filio" ).[1][3] A partir deste momento os visigodos, tamén de orixe xermana, apoiaron ao rei como lexítimo monarca da Gallaecia.

O primeiro movemento de Remismundo foi a de acudir como embaixador á corte visigoda na Galia,[3] onde o monarca visigodo, Teodorico II, ademais de enviarlle agasallos e armamento, ofreceulle o matrimonio coa súa filla.[3] Despois desta sucedéronse máis viaxes deste tipo e aumentou a actividade diplomática entre os dous reinos xermanos.[1]

Dominios da monarquia sueva, extensión do Reino de Galicia no século V.

Unha vez establecida a paz na Gallaecia, Remismundo, centrouse na Lusitania. No verán de 465 a cidade de Conímbriga foi cercada polos suevos. A muller do gobernador, chamado Cantabro, foi feita refén, quizais para evitar a traizón ou manter a fidelidade.[1][3] Ao ano seguinte, en 466 os suevos de Remismundo atacaron aos aunonenses, que probablemente habitaban na costa da actual Pontevedra, o que provocou a chegada dunha embaixada goda.[4] É posible que o pacto adquirira certo carácter relixioso; Hidacio, fala da chegada ese mesmo ano dun misioneiro chamado Áiax que, despois co apoio de Remismundo, convertería ás elites suevas ao arianismo.[1][5]

Cando Teodorico II foi substituído por Eurico no ano 467, Remismundo lanzou novas ofensivas para reforzar a súa posición, que tamén quixo facer patente pola vía diplomática con embaixadas ante o emperador, os vándalos e os godos. Nesas mesmas datas retomara as súas hostilidades contra os aunonenses e no 468 Conímbriga quedou devastada. No ano 469, coa colaboración de Lusidio, Lisboa foi tomada polos suevos de Remismundo. O feito de alcanzar a paz cos aunonenses pouco despois non lle impediu continuar co seu espolio na Lusitania e no convento de Astorga.[4]

Coa morte do historiador Hidacio no 469, iníciase un período na historia dos suevos do que existen poucos datos.[1][4] Asúmese que foi un período de paz e cooperación cos visigodos. Normalmente adxudícaselle este ano como o da súa morte, pero non hai documentación que o respalde. Dubídase de cal puido ser o sucesor de Remismundo xa que non existe documentación contrastable ata o reinado de Carriarico.

Remismundo
Nacemento:  ? Falecemento: despois de 469


Títulos Reais
Precedido por
Requimundo (norte) e
Frumario (sur),
en guerra civil


Rei de toda Galicia
463-despois de 469
Sucedido  por
Hermenerico, Veremundo ou Teodemundo
Seguintes coñecidos
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Peres Vigo, Alexandre; Ermida Meilán, Xosé Ramón; Picallo Fontes, Héitor (2023). "Os reis e as raíñas da Galiza". Monografías con perspectiva galega (Sermos Galiza S.A.) (6). ISBN 978-84-09-45637-6. 
  2. López Carreira, A.; Fernández Calo, T. (2003). Os reis de Galicia. A Nosa Terra. ISBN 84-96203-27-1. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Thompson, E. A. (1982). Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire. University of Wisconsin Press. pp. 167, 168, 201, 218. ISBN 0-299-08700-X. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Requimundo". dbe.rah.es. Consultado o 2024. 
  5. Arias, Jorge C. (2007). Identity and Interactions: The Suevi and the Hispano-Romans (PDF). Spring. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459.
(Nós Diario, 06.09.2022)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]