Rei de Bahrain
Rei de Bahrain ملك البحرين Malik al-Baḥrayn | |
---|---|
Titular Hamad bin Isa Al Khalifa Dende o 6 de marzo de 1999 como Emir Dende o 14 de febreiro de 2002 como Rei | |
Herdeiro presuntivo | Salman bin Hamad bin Isa Al Khalifa |
Creación | 1783 (Hakimmiyah) 16 de agosto de 1871 (Emirato) 14 de febreiro de 2002 (Reino) |
Primeiro titular | Ahmed ibn Muhammad ibn Khalifa (Hakim) Hamad bin Isa Al Khalifah (Rei) |
Sitio web | Sitio oficial |
O Rei de Bahrain (árabe: ملك البحرين: ) é o monarca e xefe de Estado de Bahrain. Entre 1783 e 1971, o monarca de Bahrain gobernaba co título de Hakim, e, entre 1971 a 2002, co título de Emir. O 14 de febreiro de 2002, o entón Emir de Bahrain, Hamad bin Isa Al Khalifa, declarou Bahrain un reino e proclamouse o primeiro rei.
O Rei goza de amplos poderes, os cales inclúen nomear o Primeiro Ministro e o Gabinete, ostentar o mando supremo das Forzas Armadas, presidir o Consello Superior de Xustiza, nomear a cámara alta do parlamento e disolver a cámara baixa.[1]
Lista de monarcas
[editar | editar a fonte]Hakims De Bahrein (1783–1971)
[editar | editar a fonte]O título árabe de Hakim, romanizado, era Hakim al-Bahrain (Gardián de Bahrain). O Hakim tamén ostentaba o título honorífico de xeque.
Emires De Bahrein (1971–2002)
[editar | editar a fonte]O título árabe de Emir, romanizado, era Amir dawlat al-Bahrain (Xefe de Estado de Bahrain). O Emir tamén ostentaba o título honorífico de xeque.
Nome | Inicio do reinado | Fin do reinado | Notas |
---|---|---|---|
Isa bin Salman Al Khalifa | 16 de agosto de 1971 | 6 de marzo de 1999 | Fillo de Salman bin Hamad Al Khalifa e Mouza bint Hamad Al Khalifa |
Hamad bin Isa Al Khalifa | 6 de marzo de 1999 | 14 de febreiro de 2002 | Fillo de Isa bin Salman Al Khalifa e Hessa bint Salman Al Khalifa |
Rei de Bahrain (2002–presente)
[editar | editar a fonte]O título árabe do rei, romanizado, é Malik al-Bahrain (Rei de Bahrain). O Rei tamén ostenta o título honorífico de xeque.
Nome | Inicio do reinado | Fin do reinado | Notas |
---|---|---|---|
Hamad bin Isa Al Khalifa | 14 de febreiro de 2002 | presente | Fillo de Isa bin Salman Al Khalifa e Hessa bint Salman Al Khalifa |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "REPORT OF THE BAHRAIN INDEPENDENT COMMISSION OF INQUIRY" (PDF) (en inglés). p. 15. Consultado o 18 de abril de 2019.