Saltar ao contido

Reforma monetaria de Augusto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O emperador romano Augusto (27 a. de C. - 14 d. de C.)

A reforma monetaria de Augusto, levada a cabo por este emperador romano entre o 23 e o 20 a. de C., foi unha das máis importantes reorganizacións do sistema monetario da Antiga Roma, que fixaba as equivalencias entre as unidades de ouro (áureo), de prata (denario) e de oricalco (sestercio), e que permaneceu vixente case sen alteracións durante as dúas centurias seguintes.[1][2][3][4]

Contexto histórico

[editar | editar a fonte]
Áureo de Augusto da ceca de Lugdunum

Logo da batalla de Accio, Octaviano logrou en 30 a. de C. a anexión de Exipto, completando así a unificación de toda a conca mediterránea baixo o poder de Roma. Á parte da evidente significación política deste feito, os importantes botíns que a Roma lle reportaba esta nova provincia, xunto coa rica minaría de Hispania, chegaron a provocar un exceso de masa monetaria en circulación.[5][6]

No marco dunha ampla reorganización de todos os sectores da Res publica romana para os acomodar á nova situación socio-económica, caracterizada polo renacemento da economía e do comercio en toda a área mediterránea e en todo o Imperio, cumpría tamén dotarse de novos instrumentos financeiros e monetarios, que se plasmaron nunha reforma monetaria baseada na fixación dunha equivalencia da moeda de ouro, o áureo (1/42 da libra), con 25 denarios de prata e 100 sestercios de oricalco.[7][8][9][10]

Caracterización da reforma

[editar | editar a fonte]
Denario de Augusto da ceca de Roma

Novidades respecto ao sistema anterior

[editar | editar a fonte]

As novidades principais foron as seguintes:

  • Fin das emisións de emerxencia realizadas en cecas móbiles que se ían trasladando en función das campañas militares, como ocorría frecuentemente, particularmente no período da guerra civil.
  • A restauración do peso do denario, que, malia manterse como moeda de referencia, diminuíra seriamente durante as guerras civís.
  • Renacemento das emisións subsidiarias doutras moedas como os cuadrantes, os ases e os dupondios, que practicamente chegaran a desaparecer da circulación durante os anos anteriores.
  • A substitución do antigo sestercio de prata, pouco útil polo seu ínfimo tamaño, por outro de oricalco de gran tamaño (arredor de 27 gramos), moi axeitado ademais para a difusión da propaganda augusta.
Sestercio de Augusto da ceca de Roma

Denominacións e pesos das moedas

[editar | editar a fonte]
Ás de Augusto da ceca de Roma

A reforma "cuadrimetálica" de Augusto garantía unha produción de moeda máis estable e máis aberta ás novas rutas comerciais, grazas en parte ao aumento progresivo da cantidade de moedas feitas en aliaxes de cobre.[5][15]

En ouro cuñouse o áureo e o quinario, este último coa metade de valor e que ata a data fora cuñado só esporadicamente; en prata emitíronse denarios, que se converteron na base do sistema monetario durante toda a duración do Imperio, e tamén quinarios, coa metade do seu valor; os sestercios e os dupondios cuñáronse en oricalco, unha aliaxe de cobre, estaño e, ás veces, outros metais; e, finalmente, en cobre cuñáronse o ás, o semis e o cuadrante, que anteriormente se fabricaran en bronce.[16][17]

Cuadrante de Augusto da ceca de Roma

Nos áureos e nos denarios o contido de metal nobre era practicamente o 100 %, o que coñecemos tanto polas fontes clásicas como a partir das análises realizadas con metodoloxía moderna. O peso teórico do áureo de época augusta era de 1/42 libra (7,79 gramos) e mesmo se chegaba a pesos superiores en moedas reais (7,86-7,98 gr), en tanto que o do denario era de 1/84 libra (3,892 gr).[15][18]

A reforma de Augusto tamén se caracterizou pola aparición do oricalco, que fixo do sestercio, cun peso dunha onza (en torno aos 27 gr) a moeda máis importante das cuñadas en aliaxes de cobre. Con esa mesma aliaxe cuñáronse tamén os dupondios, cun peso de media onza (13,65 gr).[18][19]

Entre as moedas de cobre, o peso do ás era duns 10,90 gr e o dos cuadrantes de arredor de 3,24 gr.[18][15]

Equivalencia entre valores

[editar | editar a fonte]

As novas referencias ponderais proporcionaron un sistema moi preciso e rigoroso de proporcións entre as diversas denominacións, sobre a base dun áureo de 25 denarios, e un denario de 16 ases ou catro sestercios.[18][20]

Valores da reforma de Octavio Augusto
Áureo Quinario (AU) Denario Quinario (AG) Sestercio Dupondio Ás Semis cuadrante
Áureo 1225501002004008001600
Quinario áureo 1/2112  1/22550100200400800
Denario 1/252/251248163264
Quinario de prata 1/501/251/212481632
Sestercio 1/1001/501/41/2124816
Dupondio 1/2001/1001/81/41/21248
Ás 1/4001/2001/161/81/41/2124
Semis 1/8001/4001/321/161/81/41/212
Cuadrante 1/16001/8001/641/321/161/81/41/21
  1. ↑ "La riforma di Augusto Arquivado 19 de outubro de 2009 en Wayback Machine.". En Lamoneta.it.
  2. ↑ Zehnacker, Hubert. "Aperçus de numismatique romaine (III)". En Vita Latina. N° 129. 1993. Páxina 3.
  3. ↑ Depeyrot (2006). Páxina 33.
  4. ↑ "Sistema monetario romano: reforma de Augusto Arquivado 24 de outubro de 2016 en Wayback Machine.". En Edouardlouvet: Monedas Romanas.
  5. 1 2 Belloni, G. G. (2004). Páxina 115.
  6. ↑ Suetonio. De vita Caesarum (Augusto, 41)
  7. ↑ Wasson, D. L. "Reforms of Augustus". En Ancient History Encyclopedia.
  8. ↑ Cartwright, M. "Roman Coinage: Coins of the Emperor". En Ancient History Encyclopedia.
  9. ↑ "Augustus and Currency Arquivado 13 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". En Barbarism and Civilization.
  10. ↑ Domínguez Arranz, A. (2014). "Augusto y el dinero del Imperio". En Fatás Cabeza, G. (ed.). César Augusto (63 a. C. - 14 d. C.) dos mil años de presencia. Heraldo de Aragón, Zaragoza. ISBN 978-84-7610-147-6
  11. ↑ Belloni, G. G. (2004). Páxina 116.
  12. ↑ Estrabón. Xeografía. IV, 3.2.
  13. ↑ Savio, A. (2001). Páxina 152.
  14. ↑ K. Pink. (1952). The triumviri monetales and the structure of the coinage of the Roman Republic". Numismatic Studies. Vol VII. American Numismatic Society. Nova York.
  15. 1 2 3 Savio, A. (2001). Páxina 153, 155, 157.
  16. ↑ Crawford, Michael (1985). Páxinas 257-258, 260.
  17. ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Áureo", "denario", "sestercio", "ás", "cuadrante", "dupondio" e "semis".
  18. 1 2 3 4 Belloni, G. G. (2004). Páxina 255, 256.
  19. ↑ Savio, A. (2001). Páxina 157.
  20. ↑ "La reforma del sistema monetario durante el principado de Augusto. Primera parte". En Monedas Antiguas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Fontes primarias

[editar | editar a fonte]

Fontes historiográficas modernas

[editar | editar a fonte]