Refaat Alareer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRefaat Alareer
Nome orixinal(ar) رفعت رفيق سعيد العرعير Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1979 Editar o valor em Wikidata
Shuja'iyya, Estado de Palestina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte6 de decembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Gaza, Estado de Palestina Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFranxa de Gaza Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstado de Palestina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres - Mestrado (–2007)
Universidade Islámica de Gaza - literatura inglesa (–2001)
Universidade Putra Malaisia - literatura inglesa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta , académico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPalestinian Information Center (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Facebook: RefaatAlareer Twitter: itranslate123 Instagram: refaat17 Musicbrainz: 382ae411-c369-4ab0-a12b-0937fca96d63 Editar o valor em Wikidata

Refaat Alareer (árabe: رفعت العرعير), nado o 23 de setembro de 1979 en Gaza e finado o 6 de decembro de 2023, foi un escritor, poeta, docente e activista palestino. Foi profesor de literatura e escrita creativa na Universidade Islámica de Gaza, e cofundador da organización We Are Not Numbers.

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Refaat Alareer naceu no ano 1979 en Shuja'iyya, barrio do leste da cidade de Gaza.[1] Segundo o autor, ter nacido en Gaza supoñía que "todo movemento e toda decisión dependían da influencia (decote negativa) da ocupación israelita".[1]

Graduouse en Inglés no 2001 pola Universidade Islámica de Gaza, para logo cursar un mestrado en Literatura Comparada no University College de Londres no 2007.[2] No 2017 doutorouse en Literatura Inglesa pola Universidade Putra Malaisia, cunha tese sobre o poeta John Donne (1572-1631).[1][3]

Dende 2007, Alareer foi profesor da Universidade Islámica de Gaza, onde ensinaba literatura e escrita creativa.[4][5] Nas súas clases traballou a obra do poeta israelita Yehuda Amichai, que consideraba fermosa e perigosa a un tempo.[6] O autor editou dous volumes de relatos palestinos, Gaza Unsilenced (2015) e Gaza Writes Back (2014). Este último constitúe "un intento de fornecer un testemuño para as vindeiras xeracións".[7] Foi cofundador da organización We Are Not Numbers, un programa de mentoría para autores gazatís e estranxeiros.[1][8]

Durante o conflito israelí-palestino de 2023, Alareer fixo varias intervencións en medios de comunicación internacionais, como a BBC, Democracy Now! ou ABC News.[9][10][11] O poeta describiu o ataque de Hamás a Israel do 6 de outubro de 2023 como "lexítimo e ético", e comparouno co levantamento do gueto de Varsovia.[12] Tamén rexeitou as acusacións de crimes sexuais contra Hamas, considerándoas mentiras para "xustificar o xenocidio de Gaza".[13][14]

Falecemento[editar | editar a fonte]

Se teño que morrer,

que traia esperanza,

que sexa coma un conto.
Refaat Alareer

 

Alareer e a súa muller, Nusayba, tiveron seis fillos.[15] Durante o conflito de Gaza no 2014, as tropas israelitas mataron ao seu irmán Hamada, ao seu sogro, aos seus cuñados e mais ás súas tres sobriñas.[15] Para o ano 2021, o poeta e a súa esposa perderan máis de trinta familiares.[15]

Refaat Alareer faleceu nun ataque aéreo israelita o 6 de decembro do 2023, aos 44 anos de idade. Entre as vítimas tamén se atopaban os seus irmáns Salah e Asmaa, e tres fillos desta última, Alaa, Yahia e Mohammed.[15][16][17] Segundo unha declaración de Euro-Med Monitor, Alareer foi un obxectivo deliberado do ataque.[17] O poeta levaba semanas recibindo ameazas de morte por teléfono e a través da Internet.[17]

Obras[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Alareer, R. (ed. 2014). Gaza Writes Back: Short Stories from Young Writers in Gaza, Palestine. Just World Books. ISBN 978-1-93598-2-357
  • Alareer, R. e El-Haddad, L. (eds. 2015). Gaza Unsilenced. Just World Books. ISBN 978-1-93598-2-555

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • Alareer, R. (2022). Gaza Asks: When Shall this Pass? En Light in Gaza: Writings Born of Fire. ISBN 9781642596991
  • Alareer, R. (2023): They even keep our corpses: Dying in Israeli prisons. Scalawag Magazine.[18]

Traballos académicos[editar | editar a fonte]

  • Alareer, R. (2017a). A Bakhtinian Reading of John Donne’s Parody Poem “The Bait”. Advances in Language and Literary Studies, 8(1), pp. 200-206.[19]
  • Alareer, R. (2017b). Unframing John Donne's transgressive poetry in light of Bakhtin's dialogic theories [Tese de doutoramento]. Universidade Putra Malaisia.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Renaat Alareer - Living under Israeli occupation". ANF News (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  2. MADEO (2016-01-21). "Refaat Alareer". American Friends Service Committee (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  3. 3,0 3,1 Alareer, Refaat (2017). Unframing John Donne's Transgressive Poetry in Light of Bakhtin's Dialogic Theories (en inglés). Universiti Putra Malaysia. 
  4. "Poet and scholar Refaat Alareer has been killed by an Israeli airstrike.". Literary Hub (en inglés). 2023-12-07. Consultado o 2023-12-09. 
  5. "Refaat Alareer". Palestine Book Awards (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  6. Kingsley, Patrick (2021-11-16). "In Gaza, a Contentious Palestinian Professor Calmly Teaches Israeli Poetry". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-12-09. 
  7. "The Story Behind ‘Gaza Writes Back’". The Palestine Chronicle (en inglés). Consultado o 09/12/2023. 
  8. Presse, AFP-Agence France. "Palestinian Poet Refaat Alareer Killed In Gaza Strike". www.barrons.com (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  9. "Hamas terror against Israel like ‘Warsaw Ghetto uprising’, says BBC guest". The Jerusalem Post - JPost.com (en inglés). 2023-10-08. Consultado o 2023-12-09. 
  10. "Alareer: Israel’s “Barbaric” Bombardment Is Part of Ethnic Cleansing Campaign". Democracy Now! (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  11. News, A. B. C. "Video Refaat Alareer remarks on Gaza hospital blast". ABC News (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  12. "Refaat Alareer: Palestinians mourn writer killed in air strike" (en inglés). 2023-12-08. Consultado o 2023-12-09. 
  13. AFP (2023-12-08). "Palestinian poet Refaat Alareer killed in Gaza". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-12-09. 
  14. ZAANOUN, Adel. "Tributes Pour In For Controversial Palestinian Poet Killed In Gaza". www.barrons.com (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 "My Child Asks, ‘Can Israel Destroy Our Building if the Power Is Out?’". The New York Times. Consultado o 09/12/2023. 
  16. "Poet and scholar Refaat Alareer has been killed by an Israeli airstrike.". Literary Hub (en inglés). 2023-12-07. Consultado o 2023-12-09. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Monitor, Euro-Med Human Rights. "Israeli Strike on Refaat al-Areer Apparently Deliberate". Euro-Med Human Rights Monitor (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  18. Alareer, Refaat (2023-06-20). "Dying in Israeli prisons". Scalawag (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  19. "A Bakhtinian Reading of John Donne's Parody Poem "The Bait"" (PDF). Consultado o 09/12/2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]