Saltar ao contido

Democracy Now!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Democracy Now!
 Instancia de
 Título
Democracy Now! (en-us) Editar o valor en Wikidata
 Texto lema
your daily, grassroots, global, unembedded, independent, international, investigative news hour
the exception to the rulers
independent global news Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
 Lingua
Obras e produtos
 Formato de distribución
Implicados
 Produtor/a executivo
Organizacións
 Compañía produtora
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
1996 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Número de episodios530 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Puntuación da crítica
4.6 Apple Podcasts (19 de novembro de 2023) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF177695829 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/020sgh Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0400998 Facebook: democracynow Twitter: democracynow Bluesky: democracynow.org Youtube: UCzuqE7-t13O4NIDYJfakrhw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Edificio do Downtown Community Television Center, desde onde se emite o programa

Democracy Now! é un programa estadounidense de información, análise e opinión presentado por Amy Goodman e Juan Gonzalez que se emite en 850 radios e televisións, fundamentalmente dos Estados Unidos, e en menor medida do Canadá aínda que se emite en emisoras de máis de trinta países.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O programa comezou a emitirse na emisora de radio WBAI de Nova York en 1996, centrándose en información que os realizadores consideran infravalorados ou ausentes do común dos medios de comunicación. O programa financiase totalmente polas achegas económicas dos espectadores e fundacións e non acepta ningún tipo de publicidade nin subvencións gobernamentais, é o programa estrela de Pacifica Radio, caracterizado polo seu progresismo [1], aínda que no anos 2000 e 2001 houbo tirapuxas entre o programa e Pacifica que levou a esta a rexeitar distribuír o programa en agosto de 2001[2], chegando tan só a vinte emisoras de radio. Pouco despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 comeza a emitirse tamén como programa de televisión, en xaneiro de 2002 volveu á rede Pacifica despois de que un tribunal establecese un novo consello directivo interino para a cadea[3]. En 2005 estableceuse un servizo en castelán de dez minutos diarios e un resumo semanal presentado por Andrés Thomas Conteris.