Raymond Leo Burke
Raymond Leo Burke, nado o 30 de xuño de 1948 en Richland Center (Wisconsin), é un cardeal da Igrexa Católica, Cardeal-Patrón da Soberana Orde Militar de Malta dende 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Raymond Leo Burke naceu o 30 de xuño de 1948 en Richland Center, unha cidade do condado de Richland, en Wisconsin. Estudou Filosofía na Universidade Católica de América, graduándose en 1971. Posteriormente estudou Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana, graduándose en 1975.
O 29 de xuño de 1975 foi ordenado sacerdote da diocese de La Crosse polo papa Paulo VI. Continuou os seus estudos na Gregoriana, onde se graduou en Dereito canónico en 1982 e doutorouse en 1984.
O 10 de decembro de 1994 foi nomeado bispo de La Crosse, recibindo a consagración episcopal o 6 de xaneiro de 1995 de mans do papa Xoán Paulo II, e sendo os co-consagrantes Giovanni Battista Re e Jorge María Mejía.
O 2 de decembro de 2003 foi nomeado arcebispo metropolitano de St. Louis.
O 27 de xuño de 2008 o papa Bieito XVI nomeouno prefecto do Supremo Tribunal da Sinatura Apostólica. O mesmo papa, no consistorio do 20 de novembro de 2010 creouno cardeal, co título de Cardeal-Diácono de Sant’Agata de’ Goti.
O 8 de novembro de 2014 o papa Francisco nomeouno Cardeal-Patrón da Soberana Orde Militar de Malta.
Obra
[editar | editar a fonte]- Universidad Católica de América, ed. (1971). R. M. Hare and the Problem of Moral Choice.
- Pontificia Universidade Gregoriana, ed. (1986). Lack of discretion of judgment because of schizophrenia: doctrine and recent Rotal jurisprudence. Roma.
- Eternal Life, ed. (2003). Commentary on the General Directory for Catechesis.
- Fede & Cultura, ed. (2011). Religioni ad Assisi 1986-2011. Nessuna rinuncia alla Verità.
- Ignatius Press, ed. (2012). Divine Love Made Flesh: The Holy Eucharist as the Sacrament of Charity.
- Fede & Cultura, ed. (2014). Esercizi spirituali ai sacerdoti. Sodalizio amicizia sacerdotale summorum pontificum (Roma, 3-9 febbraio 2013).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Ignatius Press, ed. (2014). Remaining in the Truth of Christ: Marriage and Communion in the Catholic Church. Xunto con Walter Brandmüller, Cyril Vasiľ, Carlo Caffarra, Velasio De Paolis, Robert Dodaro, Gerhard Ludwig Müller, Paul Mankowski e John M. Rist.
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]Foi distinguido como Comendador con Placa da Orde Ecuestre do Santo Sepulcro o 12 de marzo de 1997. Foi tamén nomeado doutor honoris causa pola Universidade Ave Maria en 2005 e polo Christendom College en 2007.
O 4 de outubro de 2000 recibiu o premio Role of Law Adward da Canon Law Society of America.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: John Joseph Paul |
Bispo de La Crosse 1994 - 2003 |
Sucesor: Jerome Edward Listecki |
Predecesor: Justin Francis Rigali |
Arcebispo metropolitano de St. Louis 2003 - 2008 |
Sucesor: Robert James Carlson |
Predecesor: Agostino Vallini |
Prefecto da Sinatura Apostólica 2008 - 2014 |
Sucesor: Dominique Mamberti |
Predecesor: Paolo Sardi |
Cardeal-Patrón da Soberana Orde Militar de Malta 2008 - 2014 |
Sucesor: (no cargo) |
- Nados en 1948
- Nados en Richland Center, Wisconsin
- Bispos católicos dos Estados Unidos de América
- Bispos da Igrexa católica latina
- Cardeais dos Estados Unidos de América
- Cardeais creados por Bieito XVI
- Alumnos da Universidade Católica de América
- Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Escritores en lingua inglesa
- Escritores de literatura relixiosa
- Membros da Congregación para o Clero
- Membros da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos