Saltar ao contido

Walter Brandmüller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWalter Brandmüller
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1929 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Ansbach, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Cardeal presbítero
3 de maio de 2021 –
Cardeal
20 de novembro de 2010 –
Arcebispo católico
13 de novembro de 2010 –
Arcebispo titular
4 de novembro de 2010 – 20 de novembro de 2010
← Stanislaus Tobias Magombo (en) TraducirMarek Solczyński (pt) Traducir →
Diocese: Caesarea in Mauretania (en) Traducir
Presidente Pontifício Comitê das Ciências Históricas (pt) Traducir
13 de xuño de 1998 – 3 de decembro de 2009
← Michele Maccarrone (pt) TraducirBernard Ardura (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2010–), sacerdote católico (1953–), teólogo, historiador da igrexa, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Augsburgo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónRaffaele Farina Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1079760 Dialnet: 287244

Walter Brandmüller, nado o 5 de xaneiro de 1929 en Ansbach (Alemaña), é un cardeal da Igrexa Católica, Presidente emérito da Comisión Pontificia para as Ciencias Históricas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Walter Brandmüller naceu o 5 de xaneiro de 1929 en Ansbach, unha pequena cidade de Franconia (hoxe na Franconia Central, Baviera). Estudou Filosofía e Teoloxía na Escola Superior Filosófica e Teolóxica de Bamberg, e o 26 de xullo de 1953 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Bamberg polo arcebispo Joseph Otto Kolb. Entre 1953 e 1957 levou a cabo a súa actividade pastoral na igrexa de San Xoán, en Kronach, e posteriormente até 1960 na de San Martiño de Bamberg.

Doutorouse en Teoloxía en 1963 pola Universidade de Múnic. Entre 1969 e 1971 foi profesor de Historia eclesiástica e Patroloxía na Escola Superior Filosófica e Teolóxica de Dillingen, e entre 1971 e 1997 compaxinou o labor de párroco en Walleshausen e a de profesor de Historia eclesiástica moderna e medieval na Universidade de Augsburgo. Na súa traxectoria académica, destaca como especialista na historia dos concilios, e é fundador e editor da revista Annuarium conciliorum historiae (dende 1969 até a actualidade) e da serie Konziliengeschichte (dende 1979), e publicou tamén os tres volumes de Handbuch der bayerischen Kirchengeschichte (Manual da historia da Igrexa bávara).

En 1981 foi nomeado membro da Comisión Pontificia para as Ciencias Históricas, e o 4 de xuño de 1998 foi nomeado presidente da devantida comisión, cargo no que permaneceu até o seu retiro o 3 de decembro de 2009. Tamén dende 1997 é coéngo do capítulo da Basílica de San Pedro.

O papa Bieito XVI quíxoo crear cardeal, polo que o 4 de novembro de 2010 nomeouno arcebispo titular de Caesarea in Mauretania. Recibiu a consagración episcopal o 13 de novembro, de mans do cardeal Raffaele Farina. No consistorio do 20 de novembro de 2010, o papa creouno cardeal, co título de Cardeal-Diácono de San Giuliano dei Fiamminghi.

  • EOS-Verlag, ed. (1963). Das Wiedererstehen katholischer Gemeinden in den Fürstentümern Ansbach und Bayreuth. 
  • Beck, ed. (1968). Die Publikation des 1. Vatikanisches Konzils in Bayern: aus den Anfängen des bayerischen Kulturkampfes. 
  • Aschendorff, ed. (1968). Das Konzil von Pavia-Siena 1423-1424 Bd. 1. Darstellung. 
  • Badenia-Verlag, ed. (1970). Der Fall Galilei: Wirklichkeit u. Legende, Hintergründe u. Folgen. 
  • Die römischen Berichte des Pietro d'Antonio De' Micheli an das Concistoro von Siena im Frühjahr 1431. 1972. 
  • Schöningh, ed. (1973). Laien auf der Kanzel: Ein Gegenwartsproblem im Licht d. Kirchengeschichte. 
  • Aschendorff, ed. (1974). Das Konzil von Pavia-Siena 1423-1424 Bd. 2. Quellen. 
  • Ferdinand Schöningh, ed. (1975). Festgabe Hubert Jedin zum 75. Geburtstag 1. 
  • Ferdinand Schöningh, ed. (1975). Festgabe Hubert Jedin zum 75. Geburtstag 2. 

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

O 17 de xullo de 1983 foi nomeado Prelado de Honra da Súa Santidade. O 22 de xullo de 1990 foi condecorado coa Orde ao Mérito da República Federal de Alemaña polo presidente Richard von Weizsäcker.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Victor Saxer
 Presidente da Comisión Pontificia para as Ciencias Históricas 
1998 - 2009
Sucesor:
Bernard Ardura