Carlo Caffarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlo Caffarra
Carlo Caffarra Madrid 2011.jpg
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1938 en Busseto, provincia de Parma
Pasamento6 de setembro de 2017 en Boloña
Ordes
Ordenación sacerdotal2 de xullo de 1961, por Guglielmo Bosetti
Consagración episcopal21 de outubro de 1995, por Giacomo Biffi
Creado cardeal24 de marzo de 2006, por Bieito XVI
Arcebispo de Boloña
Cardeal-Presbítero de San Giovanni Battista dei Fiorentini
2003 - 2015
PredecesorGiacomo Biffi
SucesorMatteo Zuppi
Outros
Coat of arms of Carlo Caffarra.svg
Escudo de Carlo Caffarra
Ficha en catholic-hierarchy.org

Carlo Caffarra, nado o 1 de xuño de 1938 en Samboseto (concello de Busseto, na provincia de Parma (Italia)) e finado o 6 de setembro de 2017 en Boloña, foi un cardeal da Igrexa Católica, arcebispo de Boloña dende 2003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlo Caffarra naceu o 1 de xuño de 1938 en Samboseto, unha localidade do concello de Busseto (hoxe na provincia de Parma, Emilia-Romaña). O 2 de xullo de 1961 foi ordenado sacerdote da diocese de Fidenza polo bispo Guglielmo Bosetti.

O 8 de setembro de 1995 foi nomeado arcebispo de Ferrara-Comacchio. Recibiu a consagración episcopal o 21 de outubro, de mans do arcebispo de Boloña Giacomo Biffi, e tendo como co-consagrantes a Giovanni Battista Re e a Carlo Poggi.

O 16 de decembro de 2003 foi nomeado arcebispo de Boloña polo papa Xoán Paulo II. No consistorio do 24 de marzo de 2006 o papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni Battista dei Fiorentini.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Teologia morale fondamentale. Roma: Istituto di Teologia per Corrispondenza del Centro "Ut unum sint". 1972. 
  • I fini del matrimonio nel diritto romano. Roma: Pontificia Universidade Gregoriana. 1974. 
  • La prassi cristiana nella teologia del XX secolo. Asís: Cittadella editrice. 1976. 
  • Viventi in Cristo. edicións en inglés (1987) e castelán (1988). Milán: Jaca Book. 1981. 
  • Il valore morale del lavoro umano. Catania: La Traccia. 1982. 

Obras colectivas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Luigi Maverna
 Arcebispo de Ferrara-Comacchio 
1995 - 2003
Sucesor:
Paolo Rabitti
Predecesor:
Giacomo Biffi
 Arcebispo de Boloña 
2003 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)