Giovanni Battista Re

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Giovanni Battista Re
Cardinal RE.PNG
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1934 (85 anos) en Borno, Brescia, Italia
Ordes
Ordenación sacerdotal3 de marzo de 1957, por Giacinto Tredici
Consagración episcopal7 de novembro de 1987, por Xoán Paulo II
Creado cardeal21 de febreiro de 2001, por Xoán Paulo II
Prefecto da Congregación para os Bispos
Cardeal-Bispo de Sabina-Poggio Mirteto
2000 - 2010
PredecesorLucas Moreira Neves
SucesorMarc Ouellet
Outros
Coat of arms of Giovanni Battista Re.svg
Escudo de Giovanni Battista Re
Ficha en catholic-hierarchy.org

Giovanni Battista Re, nado en Borno (provincia de Brescia) o 30 de xaneiro de 1934, e un cardeal italiano, prefecto da Congregación para os Bispos entre 2000 e 2010.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote da diocese de Brescia o 3 de marzo de 1957 polo seu bispo, Giacinto Tredici.

O 9 de outubro de 1987 foi nomeado secretario da Congregación para os Bispos, e arcebispo titular de Forum Novum. Recibiu a ordenación episcopal o 7 de novembro de 1987 de mans do papa Xoán Paulo II.

O 12 de decembro de 1989 foi nomeado oficial do Secretariado de Estado da Santa Sé. O 16 de setembro de 2000 foi nomeado Prefecto da Congregación para os Bispos e Presidente da Comisión Pontificia para América Latina, e no consistorio do 21 de febreiro de 2001 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santi XII Apostoli.

O 1 de outubro de 2002 foi elevado ao rango de Cardeal-Bispo de Sabina-Poggio Mirteto. O 8 de marzo de 2008 Bieito XVI nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[1]

En 2010 retirouse do cargo de Prefecto da Congregación para os Bispos e de Presidente da Comisión Pontificia para América Latina.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Lucas Moreira Neves
 Prefecto da Congregación para os Bispos 
2000 - 2010
Sucesor:
Marc Ouellet

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nomina di Membri della Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0165). 8 de marzo de 2008. Il Santo Padre ha nominato Membri della Congregazione per le Chiese Orientali [...] Giovanni Battista Re [...].