Raponcio
Raponcio | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Raponcio (Campanula rapunculus) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Campanula rapunculus L. 1753 |
O raponcio ou rapuncio[1] (Campanula rapunculus) é unha planta da familia das campanuláceas. Nativa de Europa, aparece brava en Galiza.
Descrición
[editar | editar a fonte]Herba bienal, coa raíz napiforme. Talos erectos, simples, glabros ou lixeiramente hirsutos, de até 100 cm de altura. Follas basais obovadas, pecioladas, as superiores linear-lanceoladas. Flores agrupadas nunha inflorescencia racemosa; dentes do cáliz erectos, setiformes; corola en forma de campá ou en forma de funil, de cor azul clara, algo máis longa que os dentes do cáliz; ovario situado en posición inferior respecto do resto das piezas florais. Froito en cápsula en forma de cono invertido, que se abre por pequenos buratos. Florece na primavera e no verán.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Prados, bosques, en carballeiras de cerquiño e piñeirais. Medra en forestas, pasteiros, ribadas, noiros, rochedos etc. desde o nivel do mar ata os 2.100 m.
Requirimentos ecolóxicos
[editar | editar a fonte]Medra no piso colino a plena luz aínda que soporta a sombra; prefire calor. Non require de humidade edáfica, polo que é unha indicadora de sequidade moderada. Crece en pH de 5.5 a 8, polo que é indicadora de alcalinidade. Non necesita nitróxeno no solo.
Distribución
[editar | editar a fonte]Gran parte de Europa, agás Islandia, Irlanda e Noruega. Introducido en Dinamarca, Suecia e Gran Bretaña.
Usos
[editar | editar a fonte]O raponcio usouse como cicatrizante de feridas e como adstrinxente. A súa raíz é comestíbel e emprégase coma aperitivo na preparación de ensaladas.[2]
As follas desta planta son un dos ingredientes do preboggion, mestura de herbas típica da cociña de Liguria.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Campanula rapunculus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 164. 1753.[3]
Campanula: nome xenérico que deriva do latín onde "campanula" significa "campaíña" (campá pequena).
rapunculus: epíteto
- Campanula lusitanica f. bracteosa (Willk.) Cout.
- Campanula lusitanica f. racemoso-paniculata (Willk.) Cout.
- Campanula lusitanica f. verruculosa (Hoffmanns. & Link) Cout.
- Campanula lusitanica var. cymoso-spicata (Willk.) Cout.
- Campanula lusitanica auct.
- Campanula esculenta Salisb.
- Campanula patula var. rapunculus (L.) Kuntze
- Neocodon rapunculus (L.) Kolak. & Serdyuk.[4][5]
- Campanula hyrcania Wettst.
- Campanula lambertiana A.DC.
- Neocodon lambertianus (A.DC.) Kolak. & Serdyuk.[6]
- subsp. rapunculus
- Campanula calycina Boeber ex Schult.
- Campanula castellana Pau
- Campanula coarctata Gilib.
- Campanula decurrens Thore
- Campanula elatior Link & Hoffmanns.
- Campanula fastigiata S.G.Gmel.
- Campanula glandulosa Banks ex A.DC.
- Campanula rapuncula St.-Lag.
- Campanula verruculosa Hoffmanns. & Link
- Campanula virgata A.DC.
- Rapunculus verus Fourr.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991 e Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
- ↑ Luceño Garcés, M. (1998). Flores de Gredos. Caja de Ávila. ISBN 9788493020309.
- ↑ Raponcio en Trópicos
- ↑ "Raponcio". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 8 de abril de 2012.
- ↑ "Raponcio en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 20 de marzo de 2014.
- ↑ "subsp. lambertiana en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2014.
- ↑ "subsp. rapunculus en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raponcio |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Raponcio |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lammers, T. G. 1994. Prodromus Monographiae Campanuloidearum.