Vālmīki
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido |
| Morte | valor descoñecido |
| Relixión | Hinduísmo |
| Actividade | |
| Ocupación | poeta, escritor |
| Período de actividade | (Con vida en: século II a. C. |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Vālmīki (sánscrito en devanágari : वाल्मीकि, que significa «(Penitente) do formigueiro») é un poeta indio lendario, nado hai sobre tres mil anos e autor segundo a tradición do Rāmāyana[1], que conta a epopea do príncipe Rāma cando partiu á procura de Sītā.
Esta obra monumental composta de non menos de 24 000 estrofas de catro versos, é unha das xoias da literatura india antiga, co Mahābhārata. Porén adoita datarse este poema a principio da era cristiá; a súa atribución a Valmiki provén de elementos internos ao texto (máis precisamente dunha parte recente onde o poeta aparece como personaxe). A tradición atribúelle a Valmiki a invención do metro épico (śloka)[2]. Un sobrenome seu é Adi kavi, o Primeiro poeta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Valmiki, Robert P. Goldman (1990). The Ramayana of Valmiki: An Epic of Ancient India 1. Princeton University Press. p. 14–15]. ISBN 0-691-01485-X.
- ↑ The Sanskrit Heritage Dictionary de Gérard Huet
| A Galipedia ten un portal sobre: India |
