Ramón Ferreiro Rodríguez
Ramón Ferreiro Rodríguez | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1903 |
Valladolid | |
Falecemento | 10 de setembro de 1978 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Irmáns | Fernando Ferreiro Rodríguez-Lago |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramón Ferreiro Rodríguez-Lago, nado en Valladolid o 17 de xuño de 1903[1] e finado en Madrid o 10 de setembro de 1978[2], foi un avogado, falanxista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Fernando Ferreiro Lago e sobriño de Ramón Ferreiro Lago (notario en Carballo), e de María Esclavitud Ferreiro Lago, muller do tamén notario de Carballo Julio García Gabilán[3]. Militante falanxista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 desenvolveu na provincia de Xaén unha intensa actividade falanxista. Foi nomeado Xefe provincial da Falange de Lugo o 27 de agosto de 1938 para substituír a Ramón Martínez Losada,[4] e gobernador civil e xefe provincial do Movimiento da provincia de Lugo en 1941.[5] Permaneceu no cargo de gobernador até 1943, cando foi nomeado director xeral de ensinanza profesional e técnica.[6] Despois foi xefe da Obra Sindical de Formación Profesional, posto do que foi substituído por Antonio Aparisi Mocholi en 1957[7], xerente xeral da Prensa do Movimiento (1956)[8] e presidente da Asociación Española de Pintores y Escultores (1972). Foi procurador a Cortes durante as cinco primeiras lexislaturas do período franquista[9] sendo designado pola Xunta Extraordinaria da Delegación Nacional de Sindicatos.
O seu irmán Fernando foi alcalde de Valladolid (1943-1949) e tamén procurador en Cortes.
Distincións e recoñecementos[editar | editar a fonte]
- En 1943 foi condecorado coa Orde do Mérito da Aguia Alemá, distinción outorgada por Adolf Hitler[10].
- Foi comendador da Orde de San Gregorio Magno.
- Unha importante avenida da cidade de Lugo leva o seu nome, en contra da Lei de memoria histórica[11]. Así mesmo, é fillo adoptivo da cidade e ten a Medalla de Ouro do concello de Lugo.[12]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-2-1943, p. 3.
- ↑ Necrolóxica no ABC
- ↑ Yebra de Ares, A. B. (2005). Pazos y señoríos de la provincia de Lugo III.
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-8-1938, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-5-1941, p. 5.
- ↑ ABC, 19 de febreiro de 1943, p. 5
- ↑ Cultura do País e A Mesa reclaman unha avenida Lois Pereiro, en El Progreso o 30 de outubro de 2011
- ↑ ABC, 28 de xullo de 1956, p. 17
- ↑ Relación histórica de deputados (en castelán)
- ↑ El Pueblo Gallego, 2-2-1943, p. 6.
- ↑ A Lei de Memoria Histórica "obriga ás administracións públicas a tomar medidas para retirar a simboloxía e mencións que exalten a Guerra Civil e a ditadura".
- ↑ Distincións, na páxina web do concello de Lugo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Lo que han hecho en Galicia: violencia, represión y exilio, 1936-1939, de Jesús de Juana e Julio Prada Rodríguez. (en castelán)