Radio Juventud (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radio Juventud EFJ 11
A Terraza, sede de Radio Juventud da Coruña
TipoEmisora de radio
Data de fundación1952
Data de disolución1989
Organización matrizCadena Azul de Radiodifusión
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Radio Juventud, co indicativo EFJ 11, foi unha emisora integrada na Cadena Azul de Radiodifusión que existiu na Coruña entre 1952 e 1989.

Historia[editar | editar a fonte]

A sección xuvenil da FET de las JONS, Frente de Juventudes, desenvolveu dende a década de 1940 a creación de diferentes radios, chamadas estacións escolas, coa idea de formar a futuros profesionais da radiodifusión. Con esa filosofía, en 1952 fundaron unha estación escola na Coruña que, en 1956, pasou a denominarse Radio Juventud. Os seus primeiros estudios localizáronse na rúa Juana de Vega, aínda que na década de 1960 instalouse no edificio A Terraza dos Xardíns de Méndez Núñez.[1][2]

Na Radio Juventud da Coruña traballaron profesionais como Xosé Antonio Perozo, Antón Luaces, Jesús Mariñas, Alberte Suras, Francisco Gutiérrez Ríos, Carmen Deus, José María Comesaña, Manuel Torreiglesias, María Xosé Porteiro, ou Nonito Pereira, que fixo un programa de jazz en 1967.[3] O primeiro director da emisora foi Joaquín Antonio Tabernero Balsa (1952-1956), substituído por José Couceiro Tovar (1956-1981).[4]

Como parte da Cadena Azul de Radiodifusión, Radio Juventud da Coruña integrouse en Radiocadena Española. En 1986, adoptou o nome de Radiocadena Compás, dedicada á radio fórmula musical. Finalmente, en 1989, logo da absorción de Radiocadena por RNE, a frecuencia de Radio Juventud atribuíuse a Radio 5 Todo Noticias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Coruña, Pablo López A. (2010-11-10). "Historias de la radio". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-04-11. 
  2. Valles, Ramón (2022-07-01). "A Terraza, un dos edificios emblemáticos da Coruña e sede de RTVE, fai 100 anos". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2023-04-11. 
  3. "Morre na Coruña aos 76 anos o produtor musical e xornalista Nonito Pereira Revuelta". www.europapress.es. 2019-11-26. Consultado o 2023-04-11. 
  4. "Los tiempos de Radio Juventud". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-01-26. Consultado o 2023-04-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Blanco Campaña, X. L. (1999). Historia da radio en Galicia. Edicións Lea. pp. 214–215. ISBN 84-89947-73-2. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]