Saltar ao contido

Manuel Torreiglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Torreiglesias
Biografía
Nacemento(es) Manuel Antonio Torre Iglesias Editar o valor en Wikidata
16 de marzo de 1941 Editar o valor en Wikidata
Pontedeume, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de maio de 2025 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPontedeume
Madrid
Xàbia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca - Q5488368 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, locutor de radio, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorIntereconomía Corporation (en) Traducir (2009–2013)
RTVE (1964–2009) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1422025 BNE: XX1319946 Dialnet: 2257857 Editar o valor en Wikidata


Manuel Antonio Torre Iglesias, máis coñecido como Manuel Torreiglesias, nado en Pontedeume o 16 de marzo de 1941 e finado na comunidade de Madrid o 19 de maio de 2025, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou para mestre e logo licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca. Mudouse a vivir a Madrid e en 1964 entrou a traballar en Televisión Española como axudante de realización no programa concurso Cesta y puntos, emitido polo primeiro canal, daquela o principal dos dous canais de televisiín que había.

Posteriormente traballou na radio (Radio Nacional de España) en programas como En familia ou Tiempo de vivir. En 1974 pasou a dirixir e presentar un programa de divulgación e saúde, Escuela de salud, o tema que se converterá no centro da súa traxectoria televisiva para o resto da súa carreira profesional.

Nos anos oitenta realizaría programas de debate e denuncia sobre temas de actualidade social: Voces sin voz (1981-1982) e Usted, por ejemplo (1984), ambos en TVE. A principios de 1990 presentou diversos programas na Televisión de Galicia e na Radio Galega, como Boa saúde ou Meigas fóra, centrados en temas de saúde e de divulgación.

Saber Vivir

[editar | editar a fonte]

A partir de 1996 regresou a Televisión Española para dirixir e presentar o programa Saber Vivir, outra emisión de saúde. A súa grande audiencia nas mañás (con máis dun 25% de share e máis de medio millón de espectadores[1]) permitiulle desenvolver unha ampla gama de produtos paramédicos e publicacións asociadas ao espazo. O 7 de maio de 2009, logo de doce anos de dirección ininterrompida, presentou o seu espazo por última vez. RTVE rescindiu o seu contrato nese momento de forma imprevista, acusándoo de fraude na xestión publicitaria do programa[2].

Tamén traballara en medios escritos con colaboracións de divulgación e entrevistas, como en Muy interesante[3]. Logo do seu paso por TVE tamén presentou espazos noutras cadeas, como a ultradereitista Intereconomía.[4]

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos da vida padeceu unha enfermidade nefrolóxica, o que o obrigaba a dializarse, e necesitaba dun transplante de riles que nunca se produciu. Morreu na Comunidade de Madrid, e foi velado no tanatorio de Alcobendas.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi discreto coa súa vida persoal e non fixo público ter parella nin non tela.

  • Mayores con salud (1999)
  • Comida Sana (2000)
  • Para ir como un reloj: Adiós al estreñimiento (2003)
  • Gran Guía de la salud (2004)
  • Para salir de dudas (2005)
  • Fibromialgia: Cuando el dolor se convierte en enfermedad (2005)
  1. "No he cogido ni un duro de nadie" Arquivado 08 de maio de 2009 en Wayback Machine., Ver tele, 8/5/09
  2. "TVE despide a Torreiglesias por irregularidades". El Mundo (en castelán). 8 de maio de 2009. 
  3. BARROSO, Julio, Famosos al descubierto: 45 perfiles, Madrid:Ediciones Nowtilus, 2005
  4. "Falece o eumés Manuel Torreiglesias, histórico presentador de 'Saber vivir'". Nós Diario. 19 de maio de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]