Alberte Suras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alberte Suras
Alberte Suras (AELG)-3.jpg
Nacemento1956
 Montevideo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía e teatro
editar datos en Wikidata ]


Alberto Suárez Figueiras, nado en Montevideo en 1956,[1] é un informático, profesor e escritor galego. Emprega Alberte Suras como pseudónimo literario.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes galegos, é profesor numerario de Sistemas Informáticos e programador de Aplicacións Informáticas do Centro de Cálculo da Deputación Provincial da Coruña. Dende o ano 2000 desenvolve o seu labor docente, no Departamento de Informática, na Escola de Mestría Industrial-IES Fernando Wirtz da Coruña. Ten colaborado con artigos e entrevistas en xornais como La Voz de Galicia, El Progreso, Atlántico Diario, Faro de Vigo, A Nosa Terra e Sermos Galiza. Ten desenvolvido numerosas actividades literarias e poético-musicais como director de RadioTV Wirtz dende o ano 2011 ao 2015 (Mil versos para Celso Emilio, O meu primeiro Celso Emilio cun cartafol de soños, Miro Casabella o noso cantor ou Quintas-Canella o noso trobeiro). É membro dende 1992 da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Vaiche boa lúa polo carreiro da illa, 2010.

Educación[editar | editar a fonte]

  • Contos e flores, 2008, AELG (Unidade Didáctica).
  • A roseira dunha pega rabilonga, 2008, AELG (Unidade Didáctica).

Edición/coordinación[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Poesía Concello de Malpica no 1980,[8] por Latexos do vento.
  • Premio Nacional Webescolas-Iespana no 2001.[8]
  • Finalista Premio Poesía Illas Sisargas no 2007,[8] por Olladas dun intre de amor.[9]
  • Premio Eminens RadioTV Wirtz no 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Blanco, Patricia (28-8-2009). "«Considérome un poeta cascarilleiro, con alma bergantiñá e recendo de Lucus Augusti»". lavozdegalicia.es. Consultado o 29-7-2020. 
  2. "Alberte Suras". aelg.gal. setembro 2008. Consultado o 26-6-2020. 
  3. "DEZASETE LETRAS NA BRÉTEMA.". covaceltica.blogspot.com. 2-11-2011. Consultado o 29-7-2020. 
  4. Mera, Heitor (10-12-2009). "Amarrando felicidade. Unha poesía vital" (PDF). medias.farodevigo.es. Consultado o 29-7-2020. 
  5. Roig Rechou, Blanca-Ana (2010). "Informe de Literatura 2009" (PDF). cirp.gal. Centro Investigación Ramón Piñeiro. p. 240. Consultado o 29-7-2020. 
  6. Nicolás, Ramón (25-10-2012). "Cartafol de soños. Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), VV.AA.". cadernodacritica.wordpress.com. Consultado o 29-7-2020. 
  7. López, Marta (1-12-2019). "lavozdegalicia.es". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29-7-2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Alberte Suras". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 29-7-2020. 
  9. Xestoso, Manuel (19-11-2009). "Lume na palabra". anosaterra.com. Consultado o 29-7-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]