Raúl Juliá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raúl Juliá
Raul Julia - Dracula.jpg
Nome completoRaúl Rafael Juliá Y Arcelay
Nacemento9 de marzo de 1940
LugarSan Xoán
Falecemento24 de outubro de 1995 e 24 de outubro de 1994
LugarManhasset
CausaIctus
SoterradoPorto Rico
NacionalidadePorto Rico e Estados Unidos de América
Educado enColegio San Ignacio de Loyola
Profesiónactor de televisión, actor de cinema, actor de teatro e actor
Na rede
IMDB: nm0000471 Allocine: 487 Rottentomatoes: celebrity/raul_julia Allmovie: p36490 TCM: 97363 IBDB: 67931
Musicbrainz: 2dff48c0-788a-4ddc-b25f-51039ff7c4c6 Discogs: 2513581 WikiTree: Julia-56 Find a Grave: 557 Editar o valor em Wikidata
Raúl Juliá signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Raúl Rafael Juliá y Arcelay coñecido como Raúl Juliá , ás veces escrito en inglés sen acentos gráficos, nado o 9 de marzo de 1940 e finado o 24 de outubro de 1994, foi un actor de cine, televisión, teatro, voz e radio portorriqueño.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Juliá naceu o 9 de marzo de 1940 en San Juan, Porto Rico e criouse na cidade de Nova York. Estudou na Universidade de Fordham e no Colegio San Ignacio de Loyola.

Carreira[editar | editar a fonte]

Coñecido polo seu papel de Gómez Addams en The Addams Family e en Addams Family Values. O seu derradeiro papel foi interpretando ao activista Chico Mendes, nun filme xunto á actriz Sônia Braga.[2] Gañou un Globo de Ouro e un Screen Actors Guild Award en 1994 e un Emmy Award póstumo en 1995. Foi nomeado un dos mellores actores que nunca estiveron nomeados a un Oscar. En recoñecemento ao seu amplo impacto a favor dos dereitos humanos, a National Endowment for the Hispanic Arts ofrece anualmente o Premio Raúl Juliá á Excelencia[3] recibido entre outros pola actriz Sandra Bullock.[4]

Traballo humanitario[editar | editar a fonte]

Juliá en xuño de 1984

Durante a súa vida, Juliá continuou coa labor solidaria realizada polos seus pais durante a súa infancia, dedicándose a actividades sociais e educativas. As súas contribucións foron recoñecidas cunha invitación para unirse ao New York Council for the Humanities.[5] Gran parte do traballo benéfico de Juliá centrouse na mocidade en risco, a comunidade latinoamericana e as artes, patrocinou programas de escritura de guións nos institutos e apoiou a actores novos.[6] Para promocionar outros artistas latinoamericanos, Juliá prestou activamente o seu apoio á Organización Hispana de Actores Latinos (HOLA, polas siglas en inglés) e cofundou Visiones Luminosas.[7] Juliá colaborou con cineastas independentes de Porto Rico actuando nas súas producións gratuitamente ou recibindo un salario reducido.[8] Juliá tamén promoveu a aceptación e cooperación interracial como membro de Racial Harmony e serviu como presidente da Joseph Papp Celebrity Coalition for Racial Harmony.[9]

Como parte do seu traballo para The Hunger Project, Juliá fixo doazóns mensuais a un banco de alimentos.[10] Tamén promoveu o programa en televisión e radio, exerceu de narrador de vídeos bilingües sobre o Proxecto e participou en múltiples galas benéficas en nome da organización.[10][11] En 1994, o goberno do Salvador recoñeceuno polo seu activismo polos Dereitos humanos.[12] Durante a súa visita ao país, visitou a tumba de Romero, describindo posteriormente a súa experiencia nunha peza publicada en Freedom Review.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Juliá estivo casado con Magda Vasallo desde 1965 até que se divorciaron en 1969. Despois estivo casado con Merel Poloway desde 1976 ata a súa morte en 1994.

Pasamento[editar | editar a fonte]

Juliá morreu o 24 de outubro de 1994 dun cancro de estómago e dun ictus en Manhasset, Nova York, aos 54 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Stars 500" (PDF). connect.afi.com (en inglés). 
  2. Álvarez, Monica Baña (1994-09-15). "RAÚL JULIÁ ES CHICO MENDES". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-12-29. 
  3. "Wayback Machine". web.archive.org. Consultado o 2022-12-29. 
  4. Donna Shor, Around Town Arquivado 25 de decembro de 2003 en Wayback Machine., Washington Life Magazine, novembro de 2002. Consultado o 29-08-2008.
  5. Cruz et al., p. 104
  6. Cruz et al., p. 98
  7. Cruz et al., p. 100
  8. Cruz et al., p. 105
  9. Cruz et al., p. 107
  10. 10,0 10,1 Cruz et al., p. 95
  11. "The Peace Abbey Courage of Conscience Recipients List". web.archive.org. 2009-02-07. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 2022-12-29. 
  12. Cruz et al. , páx. 96

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía