Río Pilcomayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Pilcomayo
Pilcomayo rio.jpg
O río Pilcomayo ao seu paso polo departamento de Tarija, Bolivia.
PaísFlag of Bolivia.svg Bolivia
Flag of Argentina.svg Arxentina
Flag of Paraguay.svg Paraguai
NacementoAltiplano boliviano
Lonxitude2 426 km
Conca270 000 km²
Caudal medio175 /s
DesembocaduraRío Paraguai
Pilcomayorivermap.png
Curso do río Pilcomayo dentro da conca do río Paraná.

O río Pilcomayo ou Araguay é un curso de auga da cunca do Prata que discorre por territorio de Bolivia, Arxentina e Paraguai, servindo de fronteira en parte do seu curso.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Ten unha lonxitude nominal de 2426 km,[1] e drena unha conca de 270 000 km².

É o único río do mundo que presenta o fenómeno de extinción do leito por atarquinamento.[2]

O topónimo pilcomayo deriva do quechua: pishqu = "paxaro" e mayu= "río", é dicir, "río dos paxaros".

A denominación guaraní é Araguay ou, mellor, Araguaý, que pode significar: ará = "pagaio" e guaý = "río", é dicir, "río dos papagaios", ou talvez ara = "ceo", guá = "lugar" e y = "auga, isto é "auga do ceo".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 2 500 km na entrada «Pilcomayo River» da Encyclopædia Britannica (2010). Consultada o 27 de xaneiro de 2016.
  2. Siempre Formosa. "Sitúan al Pilcomayo entre los ríos del mundo con mayor transporte de sedimentos". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. Consultado o 27 de xaneiro de 2016. .

Váxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.