Río Castro, río Tera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Castro
[[Ficheiro:Puebla de Sanabria vista desde arriba.JPG|250px]]
Pobra de Seabra
PaísEspaña
NacementoRequeixo de Seabra
Altitude2000 msmn
Lonxitude25 km
ConcaConca do Douro
Caudal medio850 m³/s
DesembocaduraRío Tera

O río Castro é un río do noroeste de España, un afluente do río Tera que discorre pola provincia de Zamora.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O río Castro nace na paraxe do Suspiro, situado entre Padornelo e Requeixo de Seabra, ámbolos dous situados no noroeste da provincia de provincia de Zamora. Recollen parte dos desxeos producidos nos cumios da Alta Seabra.

As súas augas toman dirección leste, atravesando a bisbarra de Sanabria, para tras un curto percorrido tributar no río Tera na veiga da localidade de Pobra de Seabra. Durante todo o seu traxecto, as súas augas discorren paralelas á N-525 e a A-52.

Dende o seu nacemento ata a súa desembocadura, percorre os termos das seguintes localidades: Requeixo de Seabra, Terroso, Pedralba de la Pradería, San Miguel de Lomba, Lobetos e Pobra de Seabra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]