Saltar ao contido

Ría de Muros e Noia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ría de Muros»)
Modelo:Xeografía físicaRía de Muros e Noia
Imaxe
TipoEstuario Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°45′N 9°00′O / 42.75, -9

A ría de Muros e Noia forma parte das Rías Baixas, sendo a que está situada máis ó norte, entre as rías de Corcubión e Arousa. A ría foise formando na desembocadura do río Tambre.

As augas do Tambre son as que orixinan na súa confluencia co mar, un hábitat no que se desenvolverán os bivalvos, que serán o motor económico das vilas que a circundan. As ameixas e os berberechos acadan boas proporcións nos tempos da colleita, a partir do mes de setembro, nos lombos de Testal e o Freixo, grazas a esa simbiose entre as augas doces do río e a salinidade que achega o océano Atlántico.

A ría comeza a partir da punta do Castro de Baroña en Porto do Son, pola súa beira sur, e remata coa punta Carreiro en Louro (Muros), pola súa parte norte.

Entre as vilas a destacar están as que dan nome á ría: Muros, fundada detrás do monte Louro como unha vila mariñeira agochada da vista de piratas e de corsarios alá polo século XVI e XVII e Noia, vila medieval. Tamén Porto do Son, que vive fundamentalmente do turismo e do mar e Portosín, outra vila de interese pertencente ao mesmo concello.

Marca turística ría da Estrela

[editar | editar a fonte]

Os concellos con saída á ría, Outes, Noia, Muros, Porto do Son, xunto con Lousame, constituíron en 2015 a Asociación de Desenvolvemento Rural Ría Muros-Noia, un organismo intermunicipal que xunta esforzos para a promoción e posta en valor dos recursos da ría e dos concellos que a conforman.[1] Estes concellos crearon unha marca turística, A Ría da Estrela, co logotipo dunha estrela de mar que representa os cinco concellos que se inclúen no proxecto e evoca aspectos do Camiño como a relación coa vía láctea.[1][2]

A raíz desta nova marca turística naceu o xornal dixital Xornal da Estrela.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Nace a marca turística A Ría da Estrela para promover os recursos da ría Muros-Noia | Cluster Turismo de Galicia". Consultado o 2019-02-12. 
  2. "Web da Ría da Estrela". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  3. "Quen somos". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]