Quique Morales
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pontevedra, España ![]() |
Educación | campus de Pontevedra Facultade de Comunicación de Pontevedra ![]() |
Actividade | |
Ocupación | reporteiro ![]() |
![]() |
Enrique Morales Ferro, nado en Pontevedra o 16 de febreiro de 1977, é un reporteiro de televisión galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Ciencias da Información, rama de Publicidade e Relacións Públicas pola Facultade de Comunicación e Ciencias Sociais da Universidade de Vigo.
Desde moi novo comezou a traballar na radio, aproveitando a oportunidade que lle deron os 40 Principales de Pontevedra ós catorce anos.
Logo de estudar a carreira en Pontevedra, Quique traballou durante catro anos na Radio Galega presentando todo tipo de programas. Da radio pasou á Televisión de Galicia (TVG) onde percorreu a maioría das cidades e vilas traballando como reporteiro para as conexións en directo dos informativos e programas da canle. Tamén presentou un programa de cociña na mesma cadea e chegou a compaxinar radio e televisión.
Ata que Ricardo Medina -director de España Directo- se puxo en contacto con el para ofrecerlle o posto de reporteiro na delegación do noroeste peninsular -Asturias e Galiza-, e posteriormente nunha sección de consellos e remedios caseiros.
En xuño de 2010 incorpórase a Antena 3, como reporteiro do programa "Maneras de Vivir".
En outubro dese ano regresa ó programa da Primera, iniciando esta segunda etapa en España Directo como un dos reporteiros que viaxa por todo o país contando as mellores historias de cada día.
En 2011, ao acabar Espana Directo, Quique incorpórase a Cuatro como reporteiro do programa "Qué Quieres Que te Diga" ata que este finaliza en outubro dese mesmo ano. De aí, volta a Antena 3, onde, coa produtora Vert-e realiza diferentes programas para Castilla-La Mancha TV como "Encantados de conocerte" ou "Castellano Manchegos por el mundo".
En setembro de 2012, Quique regresa á Televisión de Galicia para presentar "A Revista da Tarde" un magacine informativo que se emite a partir das sete da tarde.