España directo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «España Directo»)

España directo
Formato Magazine de actualidade
Duración 95 minutos (aprox.)
Creado por Ricardo Medina
Presentado por Roberto Leal (2014-)
Marta Solano (2013-2014)
Pilar García Muñiz (2005-2011)
Día(s) de emisión Luns a venres
Horario de emisión 18:30 a 20:15
Cadea La 1 La 1
Día da estrea 6 de xullo de 2005

Na rede
http://www.rtve.es/television/espana-directo/
Facebook: edirectotve Editar o valor em Wikidata

España Directo (ẼD) é un programa informativo emitido a través de La 1 de Televisión Española. Trátanse temas de denuncia, interese humano, social, sucesos, festas, cultura, curiosidades, gastronomía e préstase unha grande atención ao mundo rural.

O programa iniciou as súas emisións o 6 de xullo de 2005, sendo presentado por Pilar García Muñiz ou Mercedes Torre, que eran substituídas en ocasións por Beatriz Simó e María Ibáñez. No entanto, foi cancelado o 30 de xuño de 2011. Finalmente, debido a que os programas emitidos en tardes de La 1 sacaban malos datos de audiencia trala súa cancelación, a cadea decidiu recuperar o formato desde o 15 de xullo de 2013. Dende os inicios desta segunda etapa ata o 15 de xuño de 2014, o programa estivo presentado por Marta Solano e dende o 15 de setembro de 2014 por Roberto Leal ata a actualidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeira etapa (2005-2011)[editar | editar a fonte]

España Directo comezou a súa andaina en La 1 de TVE, o 6 de xullo do ano 2005 con Pilar García Muñiz á fronte do programa que se emitía de luns a venres de 18:00 a 19:15; Ricardo Medina puxo en marcha o programa coa fórmula que lograra o éxito en Telemadrid con Madrid Directo desde 1993. Tralo verán, tempo de rodaxe e proba do programa, en setembro de 2005 foi renovado e sumouse á oferta das tardes de La 1; un ano despois o 26 de novembro de 2006 tralos bos resultados de audiencia obtidos comezou a edición dominical do programa, que duraba preto de tres horas, desde as 18:00 ata as 21:00, e que estaba presentado por Mercedes Torre, reporteira ata entón e substituta de Pilar nalgunhas ocasións.

O programa celebrou os seus 500 programas cunha roda de prensa no estudo.

O 2 de xaneiro de 2008, tras dous anos e medio en antena, España Directo estreou estudo, cun cambio de decorado, trasladouse desde o Estudo 5 ao Estudo 2 en Prado del Rey; tamén estrearon liña gráfica e cabeceira; iso si a música característica do programa mantívose. Nesta nova etapa optouse polas cores laranxas e brancos, abandonando o vermello e marrón que ademais do laranxa e o branco predominaran na primeira etapa.

Logo de dirixilo durante mil programas e convertelo en líder das tardes, Jorge Pérez Vega tomou a substitución a Ricardo Medina en xaneiro de 2009.

Desde o mes de abril de 2011 introducíronse máis medios técnicos e humanos de TVE para reducir a factura que Televisión Española paga polo programa á produtora Mediapro.

O 11 de maio de 2011, as imaxes en directo do derrubamento do campanario dunha igrexa en Lorca trala segunda réplica do terremoto sufrido ese mesmo día deron a volta ao mundo, o reporteiro, Julio Muñoz Gijón, xunto a Mercedes Torre, relatou en directo a catástrofe natural que azoutou á cidade murciana; ese día o programa durou tres horas en directo desde Lorca. Ao día seguinte todo o equipo do programa desprazouse ata Lorca, un equipo de catro reporteiros do programa encabezados pola súa presentadora Mercedes Torre narraron a situación da localidade 24 horas despois do terremoto.

O 15 de xuño de 2011, o Consello aprobou poñer fin ao magazine de actualidade, tras varios meses de debate sobre a súa continuidade con medios propios ou a súa cancelación. O formato de Mediapro, dixo adeus «con la mejor de nuestras sonrisas» (co mellor dos nosos sorrisos) o 30 de xuño para ser substituído por telenovelas e outros espazos.

Segunda etapa (2013-2014)[editar | editar a fonte]

En xullo de 2013, Televisión Española decidiu recuperar o formato de España Directo para tratar de mellorar os datos das tardes de La 1.[1] Así, o formato reestreouse o 15 de xullo sendo presentado por Marta Solano,[2] substituída en ocasións por Miriam Moreno ou Renata Rota.

Terceira etapa (2014-)[editar | editar a fonte]

En verán de 2014, Marta Solano iniciou as súas vacacións, sendo substituída por Renata Rota. Non obstante, aínda que todo apuntaba que Marta se reincorporaría ao programa en setembro, os servizos informativos de Televisión Española recolocárona na área de deportes do Telediario. Deste modo, a cadea fichou a Roberto Leal para facerse cargo de España Directo, formato no que o xornalista se deu a coñecer. Además, aínda que o programa mantivo o seu espírito informativo, incorporou algunhas seccións con colaboradores. Entre elas, Sandra Daviú encárgase do corazón e a crónica social, Begoña Villacis ocúpase da parte de actualidade e sucesos, e Pedro Santos colabora nunha sección de zapping.

Equipo técnico[editar | editar a fonte]

Reporteiros da primeira etapa[editar | editar a fonte]

Reporteiros da segunda e terceira etapa[editar | editar a fonte]

  • Ana Prada
  • Tino Cueto
  • Arancha Bello
  • Jesús Navarro
  • Tamara Álvarez
  • Miriam Moreno
  • Ricard Sabaté
  • Renata Rota
  • Xoán Leiro
  • Chus Álvarez
  • Sandra Muñoz
  • Jessica Déniz
  • Laura G. Rojas
  • Lucía P. Sanagustín
  • Guadalupe Megías
  • Helena Villar
  • Jacob Petrus

Produción[editar | editar a fonte]

Estrutura[editar | editar a fonte]

Trátase dunha sucesión de reportaxes de actualidade, denuncias dos espectadores, festas, tradicións populares e conexións en directo con faladoiro entre os reporteiros do programa e a presentadora. Ademais, hai un espazo de cociña que conta con receitas sinxelas e económicas elaboradas desde diferentes restaurantes españois e en ocasións tamén cociñan con famosos ou con xente anónima desde as súas casas.

Seccións da primeira etapa[editar | editar a fonte]

Seccións da segunda etapa[editar | editar a fonte]

Indicios de plaxio de formato[editar | editar a fonte]

Telemadrid presentou unha demanda contra TVE ao ver indicios de que este programa era idéntico ao emitido en Telemadrid baixo o nome Madrid Directo. O Xulgado do Mercantil número 6 de Madrid ditou unha sentenza na que condenou a Televisión Española e Mediapro a cesar a emisión e produción, respectivamente, do programa no ámbito da Comunidade de Madrid ao observar que o programa presentaba un formato idéntico. A demanda foi finalmente retirada ao alcanzar un acordo Telemadrid, Televisión Española e Mediapro.

Espazos derivados[editar | editar a fonte]

Despois da primeira cancelación, o programa seguiu desde o 11 de xullo de 2011 ata o 23 de setembro de 2011, na cadea de televisión laSexta, baixo o nome de Verano Directo e presentado desde os estudos centrais de laSexta por Cristina Villanueva. Durante as primeiras dúas semanas o programa emitíase desde as 15:25 ata as 17:10 horas. Máis tarde, o programa cambiou de hora e pasou a emitirse de 18:00 a 20:00 horas. Tralo final do verán, desde do 5 de setembro do mesmo ano, o programa cambiou de nome e de hora, chamándose Tarde Directo e emitíndose entre as 18:00 e as 19:30 horas. O programa foi finalmente cancelado por baixa audiencia e emitiu o seu último programa o venres 23 de setembro.

Premios e candidaturas[editar | editar a fonte]

A continuación detállanse algúns dos premios recibidos polo programa.[3]

  • Aicor á mellor labor xornalística
  • Alimentos de España 2008
  • Torta del Casar 2008
  • Foro do Espectador a Mellor Magazine 2008
  • Hortelano de Tudela
  • TP de Ouro 2009 Mellor Magazine

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FormulaTV. "Televisión Española recupera el formato 'España directo' para sus tardes" (en castelán). Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  2. Vertele, ed. (2 de xullo de 2013). "TVE Recupera 'España Directo' para sus tardes" (en castelán). Lavinia Editorial. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2013. Consultado o 5 de xullo de 2013. 
  3. RTVE, ed. (6 de setembro de 2010). "Los premios de España Directo" (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]