Queensland
Queensland[1] é un dos estados que forman Australia. Atópase na parte nordés do país, e a capital é Brisbane. É o único estado australiano cun sistema lexislativo unicameral, chamado Parlamento de Queensland.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O estado de Queensland ten como punto máis setentrional do estado a Península de Cabo York, que apunta cara á illa de Nova Guinea. A parte occidental desta península atópase bañada polas augas do Golfo de Carpentaria, mentres que a oriental atópase na costa do Mar do Coral, un brazo do océano Pacífico.
Cara ao leste limita co océano Pacífico, cara ao oeste co Territorio do Norte, polo suroeste co estado de Australia Meridional, e ao sur con Nova Gales do Sur.
- A capital do estado Brisbane, atópase na costa, a 100 quilómetros da fronteira con Nova Gales do Sur.
- A maior área metropolitana do mundo, Mount Isa atópase en Queensland, con 40.000 km².
- A cidade de Townsville, que queda no nordés do estado a uns 1.400 quilómetros de Brisbane, ten importantes recursos naturais e é a cidade tropical máis grande en Australia.
Demografía
[editar | editar a fonte]Poboación
Está menos centralizada que no resto do país. En 2001 a capital presentaba o 45,5% da poboación total. En conxunto, a poboación urbana concentra o 63,8% do total. En 2007, a poboación de Queensland ascendía a 4.182.100 de habitantes, tendo Brisbane 1.993.872.
Relixión Cristiáns: 77% (anglicanos: 24,6%, católicos: 26,2%, luteranos: 2,2%, Igrexa Unida: 10,8%, outros: 13,4%), non cristiáns: 0,9% (budismo: 0,2%, hinduísmo: 0,1%, Outras: 0,6%), agnósticos: 14,9%, sen especificar: 6.9%
Economía
[editar | editar a fonte]En 2001, o PIB de Queensland obtivo A 115,53$ billóns, o que equivale por cápita á$31.000. A terceira renda per cápita máis baixa de Australia, por diante de Tasmania e Australia Meridional
En 2003 Brisbane era a capital australiana máis barata. En Queensland, a economía baséase nas Industrias primarias, especialmente plátanos, cacahuetes, algodón e la. Tamén hai industrias mineiras de bauxita e carbón. As industrias do sector secundario baséanse no tratamento dos minerais.
Goberno
[editar | editar a fonte]Isabel II como xefa de Estado, está representada polo Gobernador a quen nomea, e este é o encargado de nomear ao Gabinete que consiste dun primeiro ministro e os seus ministros, responsables colectivamente diante a Asemblea Lexislativa, elixida democraticamente polos habitantes do estado. O primeiro ministro actual pertence ao Partido Laborista Australiano. En 2001 aprobouse a nova Constitución, recompilando as diversas lexislacións que compuñan a organización do estado.
Historia
[editar | editar a fonte]- 120000 a. C. rexístranse os primeiros asentamentos de Homo Sapiens
- 40000 a. C. chegan os primeiros aborixes australianos desde a veciña Indonesia
- 1824 Créase a prisión de Moreton Bay
- 1825 A prisión trasládase á localización da actual Brisbane
- 1839 Fin da chegada de presos desde o Reino Unido
- 1842 Permítese o libre asentamento
- 1859 Créase a colonia de Queensland
- 1864 annus horribilis para Queensland:
- En marzo, o río Brisbane desbórdase e alaga o centro da cidade.
- En abril, arde a zona oeste da zona comercial de Brisbane
- En decembro, outro lume arrasa a zona leste da zona comercial
- 1865 Inaugúrase a primeira liña férrea a vapor
- 1867
- Créase a primeira constitución
- Descóbrese ouro
- 1883 Anexión de Papúa
- 1891 Créase o Partido Laborista Australiano
- 1901 Independencia de Australia
- 1904 Primeiras eleccións con sufraxio feminino
- 1909 Créase a Universidade de Queensland
- 1920 Créase a compañía aérea Qantas para o servizo de pasaxeiros co "outback" (deserto interior)
- 1922 Abólese a cámara alta de Parlamento
- 1928
- Primeiro voo do Doutor aéreo (flying doctor)
- Charles Kingsford Smith aterra en Brisbane tras realizar o primeiro voo a través do pacífico.
- 1982 Xogos da Commonwealth en Brisbane
- 1988 Expo 88
Universidades e Centros de Educación Superior
[editar | editar a fonte]- Universidade Bond
- Universidade de Queensland Central
- Universidade Griffith
- Universidade James Cook
- Universidade Tecnolóxica de Queensland
- Universidade de Queensland
- Universidade de Queensland Meridional
- Universidade de Sunshine Coast
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.