Bandeira de Queensland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Queensland
Bandeira de Queensland
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción29 de setembro de 1876
CoresAzul, branco, vermello, azul celeste, ouro
Insignia estatal.

A bandeira de Queensland é un dos símbolos oficiais do Estado de Queensland, unha subdivisión de Australia. A orixe da bandeira remóntase a 1870, con pequenas variacións. O emblema foi deseñado por William Hemmant, o Secretario Colonial e Tesoureiro de Queensland, o 29 de setembro de 1876.

O seu deseño consiste nun rectángulo cunha proporción de 1:2. A bandeira está baseada no Pavillón Británico Azul co símbolo do estado no campo azul. O emblema é un disco branco cunha Cruz de Malta, ou Cruz de San Xoán na cor azul celeste. No centro da cruz atópase unha coroa imperial británica.

Historia[editar | editar a fonte]

A bandeira do Estado foi creada en 1870, baseada no Pavillón Británico Azul, mais non tiña presente un emblema. No seu lugar había un perfil da Raíña Vitoria nun disco azul rodeado por un anel branco sobre o que estaba a verba “Queensland” escrita en ouro.

A seguinte alteración ocorreu en 1876, pois como había moitas reclamacións de que o reprodución da efixie da Raíña Vitoria era moi difícil, foi proposta unha substitución. Moitas reclamacións foron feitas por funcionarios do Estado, como o exemplo abaixo citado, misiva dos Arquivos do estado de Queensland.[1]

The Treasury, Queensland, Brisbane, 15 March 1876

"Sir", referíndose á Circular despachada pola Secretaría de Estado para as Colonias, datada no pasado 23 agosto, sobre o tema dos emblemas distintivos propostos para as bandeiras de varias colonias, teño a honra de aconsellar a Súa Excelencia que a dificultade de reproducir sobre as bandeiras unha xusta representación da cabeza ou busto da Súa Maxestade tornouse moi grande, e o efecto, cando reproducida, moi insatisfactorio, que tornan necesario abandonar a idea de utilizar esta fórmula para o Emblema de Queensland, e pido, polo tanto, recomendar que o deseño acompañante, dentro dunha coroa de loureiro, sexa adoptado para as bandeiras da Colonia, en vez do anteriormente recomendado.

Teño a honra de ser, "Sir", Seu máis obediente Servo, (asinado) N Hemmant

Súa Excelencia

WW Cairns, Esq, CMG Brisbane

A Cruz de Malta cunha Coroa Imperial no seu centro foron entón escollidas para substituír a efixie da Raíña.

A última alteración oficial ocorreu en 1901, coa morte da raíña Vitoria. A mudanza foi en relación á coroa sobre a Cruz; como Vitoria e Eduardo VII escolleron diferentes coroas, as coroas dos emblemas tamén tiveron que ser modificadas.

Simbolismo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Queensland State Archives (1876) 'Flag, Badge, Arms and Seal of Queensland', SRS 1043-2-265-84