Qostanay
| Қостанай (kk) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Kazakhstán | |||
| Provincia | Qostanay (pt) | |||
| Akimat of city of regional significance (en) | Qostanay Qalasy (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 164.500 (1979) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 240.000.000 m² | |||
| Altitude | 156 m | |||
| Creación | 1879 | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 110000 | |||
| Fuso horario | ||||
| Sitio web | kostanay-city.kz | |||
Qostanay (en kazako cirílico: Қостанай) é unha cidade do norte de Kazakhstán no río Tobol. Qostanay é a capital da provincia de Qostanay.
Demografía
[editar | editar a fonte]Composición da cidade (2010):
- Rusos - 107.542 persoas. (50,00%)
- Kazakos - 59.655 persoas. (28.63%)
- Ucraínos - 21.272 persoas. (10.00%)
- Alemás - 5.919 persoas. (2,78%)
- Tártaros - 4380 persoas. (2,06%)
- Belarusos - 3.794 persoas. (1,78%)
- Surcoreanos - 2.914 persoas. (1,37%)
- ege - 1.001 persoas. (0,47%)
- Armenios - 699 persoas. (0,33%)
- Chechenos - 595 persoas. (0,28%)
- Baxkires - 545 persoas. (0,26%)
- Polacos - 481 persoas. (0,23%)
- Inguxos - 440 persoas. (0,21%)
- Mordovians - 433 persoas. (0,20%)
- Outros - 2.947 persoas. (1,39%)
- Total - 212617 persoas. (100.00%)
Institucións públicas
[editar | editar a fonte]En Qostanai hai 8 institucións educativas superiores. O ministerio de cultura de Kazakhstán suma 380 bibliotecas, 8 museos e 2 teatros. Hai numerosas instalacións atléticas: dous estadios deportivos, 26 estadios, 10 complexos de deportes e 567 salas de deportes.
Hai 15 institucións funcionais na provincia de Qostanai, 5 delas son do estado e 10 non son do estado. Unha das institucións destacadas na provincia é a Universidade Estatal de Qostanai. Hai tamén 23 colexios e 715 escolas secundarias na provincia de Qostanai.
Monumentos
[editar | editar a fonte]Kostanay é rico en obxectos con patrimonio histórico cultural. O centro rexional inclúe a mesquita musulmá sunní, o Edificio de Administración Rexional, a Universidade Estatal de Qostanai, o Teatro "Drama kazako", a Praza do centro, e a estación de ferrocarril.
Transporte e comunicacións
[editar | editar a fonte]Transporte
[editar | editar a fonte]As estradas de tránsito principais relacionan Qostani coas seguintes cidades de Rusia: Chelyabinsk, Magnitogorsk, Troitsk, Yekaterinburg, Kurgan e Tyumen. Tamén conectan con Astana e Almaty, en Kazakhstán, e ás provicias fronteirizas.
No Aeroporto Internacional de Qostanai, hai viaxes regulares a moitas cidades de Kazakhstán, Rusia, Ucraína, Alemaña (Frankfurt e Hannover), os Emiratos Árabes Unidos, Turquía, e outros.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]O monopolio de telecomunicacións na provincia de Qostanai é de "KazakhTelecom".
Deporte
[editar | editar a fonte]Qostanai é a sede do FC Tobol, equipo local da cidade, que xoga na Liga Premiere de Kazakhstán. Xogan no Estadio central de Qostanai.
Qostanai dispón dunha pista de xeo.
Clima
[editar | editar a fonte]| Datos climáticos para Qostanai | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
| Media máxima en °C | −13 | −12 | −5 | 8 | 19 | 25 | 27 | 25 | 18 | 8 | −2 | −10 | 7,3 |
| Media mínima en °C | −23 | −22 | −17 | −3 | 6 | 11 | 13 | 11 | 6 | −2 | −11 | −19 | −4,2 |
| Precipitación media mm | 23 | 18 | 18 | 18 | 30 | 56 | 61 | 30 | 33 | 30 | 20 | 10 | 347 |
| Fonte: Weatherbase[1] | |||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Weatherbase: Historical Weather for Kustanay, Kazakhstan". Weatherbase. 2011. Consultado o 24 de novembro de 2011.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Qostanay |
