Conversa:Qostanay

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O casaco ten escrita cirílica, latina e árabe. En escrita latina o nome desta cidade é "Qostanay". Ao non haber nome galego, "Qostanai" é unha invención. --Norrin (Fálame) 16 de marzo de 2014 ás 12:29 (UTC)[responder]

Concordo, aínda que o alfabeto latino non é exactamente oficial, tomouse a decisión de ir pasando progresivamente ao alfabeto latino [1], o que culminará no 2025, polo que ao final do proceso quedarán oficialmente dous alfabetos, o latino en Casaquistán e o árabe en China e en Mongoliaa--Sernostri (conversa) 16 de marzo de 2014 ás 13:22 (UTC)[responder]
En realidade penso que temos que dintinguir dúas cousas: Unha cousa é que o alfabeto latino non sexa oficial e outra que non haxa escrita latina. Por exemplo, o asturiano non é oficial, e non por iso non ten unhas regras e unha escrita definidas. É dicir, o casaco ten tres escritas, dúas delas oficiais; non como o ruso, que só ten unha escrita (oficial). --Norrin (Fálame) 16 de marzo de 2014 ás 14:16 (UTC)[responder]
É máis complexo, Non é o mesmo ser lingua oficial que ter alfabeto oficial, hai centos de comunicacións en xaponés empregando o alfabeto latino pero aínda así o xaponés non se escribe oficialmente en alfabeto latino. No caso asturiano non será oficial pero está regulado por unha entidade recoñecida legalmente, que é a que determina o seu alfabeto. Ou o romanés oficialmente só se escribe en alfabeto latino, así o determinan as entidades que en Moldavia e Romanía regulan a lingua, por moito que as autoridades de Transnistría empreguen o alfabeto cirílico para o escribir xa que esa entidade e os seus órganos carecen de recoñecemento internacional. --Sernostri (conversa) 16 de marzo de 2014 ás 14:48 (UTC)[responder]
Ben, sí, pero refírome a que hai un alfabeto latino consolidado e estándar, con uso (non oficial). É dicir, non é como no caso das propostas de romanización do bielorruso, por exemplo, cada unha distinta. Entendo o matiz que introduces, pero non chega ao estremo de ter que definir unha política para romanizar, porque xa existe dito alfabeto consolidado. --Norrin (Fálame) 16 de marzo de 2014 ás 15:05 (UTC)[responder]