Prone Lugo AD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Prone Lugo Asociacion Deportiva")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Prone Lugo
NomeProne Lugo Asociación Deportiva
Alcume(s)Transportistas
Fundación1984
EstadioPavillón Municipal de Lugo
Inauguración1964
Capacidade2.400 persoas
PresidenteGaliza Manuel Jesús Vázquez Corredoira
AdestradorGaliza Diego Ríos
LigaSegunda División
2017/1815º
VestimentaLotto
PatrocinadorAzkar
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Prone Lugo Asociacion Deportiva, antigamente coñecido por motivos de patrocinio como Azkar Lugo Fútbol Sala, é un equipo lucense de fútbol sala fundado en 1984[1]. Cun importante crecemento na última metade dos 90 e moitos anos do equipo na máxima categoría, o fútbol sala transformouse nun deporte popular na cidade. Actualmente xoga na Segunda División da Liga nacional de fútbol sala.

O Prone conta cunha gran canteira de xogadores, destacando o equipo filial, que xoga na división semiprofesional Primeira Nacional A. Tamén conta cun equipo xuvenil de Liga Nacional. O grupo principal da súa inchada son "Os Bufóns".

Entre o seu palmarés destaca a Recopa de Europa de fútbol sala no ano 2005, disputada en Lugo. Un dos seus xogadores máis destacados é o internacional e campión do mundo Marcelo.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo fundouse en 1984 como un club afeccionado, formado a partir dos traballadores da empresa de transporte Garaxe Villares. A medida que o club comezou a gañar títulos nas competicións locais, en 1989 cambiou o seu nome polo de Prone Lugo AD.

En 1995, o Prone Lugo inscribiuse nas competicións nacionais e desenvolveuse como institución profesional, coa creación dunha escola de fútbol e a contratación de xogadores a tempo completo. Na tempada 1996/97 os lucenses compraron a praza dun club do Barco de Valdeorras en Primeira Nacional A, e en dúas campañas ascenderon a División de Prata. En 1998, co nome de Airtel Prone Lugo, gañouse a primeira Copa Xunta de Galicia, trofeo máis importante a nivel autonómico.

Ao seu paso pola División de Prata, o Prone Lugo convértese nun dos clubs máis fortes da división. Tras terminar terceiros no seu primeiro ano, os galegos finalizaron primeiros en 1999/2000 e xogaron a fase de ascenso, onde caeron ante o FC Barcelona. Aínda que o equipo non puido ascender no terreo de xogo, aproveitou a desaparición do CLM Talavera para comprar a súa praza, grazas á posición alcanzada a campaña anterior. Deste xeito, Lugo debutou na División de Honra da LNFS en 2000/01.[2]

Co nome de Café Candelas Lugo, o equipo descendeu tras terminar en antepenúltima posición e perder no playoff de permanencia. Con todo, os lucenses remontaron a súa situación e recuperaron a máxima categoría en 2002. De novo en Primeira, o equipo centrouse en mellorar a súa estrutura e asegurar a permanencia. Ese mesmo ano chegou como patrocinador a empresa de transportes Azkar, polo que o equipo pasou a chamarse Azkar Lugo FS.

Na tempada 2003/04, o equipo galego clasificouse para os playoff polo título por primeira vez na súa historia. Deste xeito, mellorou as súas actuacións na máxima categoría, finalizando nos postos medios da clasificación. Asímismo, comezaron a chegar xogadores internacionais como Fernandinho ou Marcelo, que se converteu anos máis tarde en campión do mundo coa selección española. En 2005/06 Lugo gañou a Recopa de Europa fronte ao Boavista FC, o seu maior título ata a data.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

  • Airtel Prone Lugo: 1997–1998
  • Café Candelas Lugo: 1998–2002
  • Azkar Lugo: 2002–2014

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 14
  • Tempadas en : 6
  • Tempadas en 2ªB: 3
  • Tempadas en : 0

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto Play-off
1996/97 1ª Nacional A
1997/98 1ª Nacional A
1998/99 D. Prata
1999/00 D. Prata
2000/01 D. Honra 14º
2001/02 D. Prata
2002/03 D. Honra 11º
2003/04 D. Honra 1/4 de final
2004/05 D. Honra 10º
2005/06 D. Honra 11º
2006/07 D. Honra
2007/08 D. Honra 1/4 de final
Tempada Categoría Posto
2008/09 D. Honra
2009/10 D. Honra
2010/11 D. Honra 11º
2011/12 1ª División 13º
2012/13 1ª División 10º
2013/14 1ª División 13º
2014/15 1ª División 16º
2015/16 2ª División 12º
2016/17 2ª División 13º
2017/18 2ª División 15º
2018/19 2ª División B

Equipo 2012/13[editar | editar a fonte]

Dorsal Xogador Nome completo Demarcación Nacemento
1 Óscar Óscar Iglesias Lamas Porteiro Lugo Galicia
13 César Quijada César Quijada Bran Porteiro Lugo Galicia
16 Illi Ignacio González Almuíña Porteiro Lugo Galicia
2 Juanpe Juan Pedro Toldos Arrizabalaga Á/Peche Madrid España
4 Cospe Alejandro Gruñeiro Zapata Á/Peche Cospeito Galicia
5 Diego Diego Núñez Paz Peche Lugo Galicia
10 Aranburu Javier Aranburu Laso Á/Peche Madrid España
12 Jhony Jonathan Carrasco Moslán Peche Áraba Flag of the Basque Country.svg
7 Cuco Raúl García Pérez Á Madrid España
9 Antonio Antonio Diz Teijeiro Á/Pivote Lugo Galicia
11 Solloso Alejandro Solloso Bermúdez Á/Pivote Viveiro Galicia
14 Iago Rodríguez Iago Rodríguez Ulla Á Lugo Galicia
20 Álex Diz Alejandro Diz Teijeiro Á Lugo Galicia
19 Adri Adrián González Varela Á Lugo Galicia
8 Jandri Alejandro Mínguez Márquez Á/Pívot Burela Galicia
18 Bruninho Bruno Cezar da Silva Moreira Pívot Belo Horizonte Flag of Brazil.svg

Corpo técnico[editar | editar a fonte]

  • Técnico: Galicia Diego Rios Galloso
  • Técnico: Galicia Gonzalo Iglesias Alonso "Morenín"
  • Preparador físico: España Xabier López Blanco
  • Médico: Galicia María Rosario Solana Galdámez
  • Podóloga: Galicia Rebeca Prieto Riaño
  • Fisioterapeuta: Galicia Roberto Martínez Cordeiro
  • Fisioterapeuta: Jaime Samper Falcó
  • Delegado: Galicia Marcos Pereira Crende
  • Delegado e xefe de espedición: Galicia Jacobo Gómez López
  • Auxiliar: Galicia José Luis Carreira García

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Prone Lugo na páxina web da LNFS". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2007. Consultado o 01 de decembro de 2007. 
  2. Arias, Alberto (1 de xullo de 2000). El Mundo Deportivo, ed. "Ratificada a exclusión do campión CLM Talavera da LNFS" (PDF) (en español). Consultado o 19 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]