Principio de autoridade (epistemoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En epistemoloxía, o principio de autoridade é o procedemento, expresado pola locución latina magister dixit, polo que unha proposición científica se acepta polo único feito de que fora afirmada nun texto considerado como certo e non suxeito, por tanto, a debate científico.

Isto ocorría na escolástica medieval, que consideraba fonte de coñecemento de autoridade incuestionábel no só ás Sagradas Escrituras, cuxa consideración de reveladas por Deus facía inconcibíbel toda posíbel crítica, senón tamén a algúns textos superviventes da Antigüidade clásica, sobre todo de Aristóteles (a partir da súa cristianización por Tomé de Aquino), pero tamén de científicos considerados como concordantes coa fe católica definida segundo a interpretación dos Padres da Igrexa, como foron Claudio Tolomeo, Hipócrates, Galeno etc., que adquiriran tal prestixio que se consideraban fóra de toda posíbel crítica.

A utilización deste tipo de argumentos entra en crise coa revolución científica dos séculos XVI e XVII, aínda que non foi até a Ilustración do século XVIII (o Sapere aude de Immanuel Kant) cando o método científico moderno pode considerarse como de uso xeral.

Porén, a resistencia a calquera nova idea científica non desapareceu, como proban desde o xuízo de Galileo, no século XVI, até as discusións sobre o darwinismo, a finais do século XIX ou, nos séculos XX e XXI outras como, por exemplo, sobre os estudos con células nai ou con embrións humanos.

Tal resistencia foi obxecto central dos estudos de, entre outros, Karl Popper e Thomas Kuhn (conceptos de revolución científica e cambio de paradigma).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]