KK Union Olimpija

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Union Olimpija
KK Union Olimpija vs Maccabi Tel Aviv 2009-12-03 (18).jpg
Información xeral
Nome Košarkarski klub Union Olimpija
Liga 1. SKL / ABA / Eurocup
Alcume Zmaji (Dragóns)
Fundación 1946
Cores           Verde, branco
Presidente Flag of Slovenia.svg Jani Möderndorfer
Adestrador Flag of Slovenia.svg Gašper Potočnik
Vestimenta Macron
Localización
Cidade Flag of Slovenia.svg Liubliana, Serbia
Pavillón Arena Stožice
Capacidade 12.480
Inauguración 10 de agosto de 2010
Campionatos
C. Saporta 1 (1994)
ABA Liga 1 (2002)
Liga Esl. 15 (1992−1999, 2001−2002, 2004−2006, 2008−2009)
Liga Yug. 6 (1957, 1959, 1961, 1962, 1966, 1970)
Copa Esl. 19 (1992−1995, 1996−2003, 2004, 2006, 2008−2013)
union.olimpija.com

O Košarkarski Klub Union Olimpija ou KK Union Olimpija é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Liubliana (Eslovenia). Actualmente compite na máxima categoría da Liga de baloncesto de Eslovenia, a Liga do Adriático e na Eurocup.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1946 como parte doutro club máis grande denominado Svodova para competir na liga de baloncesto de Iugoslavia. Posteriormente o nome da entidade cambiou varias veces: Enotnost (1947-1954), AŠK Olimpija (1955-1976), Brest Olimpija (1977-1978), Iskra Olimpija (1979-1982), Smelt Olimpija (1984, 1986-1996), ata finalmente adoptar a súa denominación actual en 1997.

O equipo disputou inicialmente os seus encontros como local no Ximnasio Tabor, para posteriormente trasladarse ao Dvorana Tivoli en 1965. Este pavillón só conta con 4050 asentos, polo que nas ocasións nas que o equipo disputa encontros de Euroliga o fai nun pavillón cunha capacidade maior: o Dvorana Tivoli con 6000 localidades.

O seu maior éxito europeo chegou na tempada 1993-94, cando o equipo se alzou campión da Copa Saporta ao vencer na final por 91 a 81 o equipo da ACB Taugres Vitoria.

Palmarés[editar | editar a fonte]

En Iugoslavia[editar | editar a fonte]

En Eslovenia[editar | editar a fonte]

Internacional[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]