Saltar ao contido

Gondar, Sanxenxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Tomé de Gondar
Igrexa de San Tomé
ConcelloSanxenxo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°26′01″N 8°49′53″O / 42.43361111, -8.83138889
Área4,09 km²
Poboación820 hab. (2025)
Densidade200,49 hab./km²
Entidades de poboación11[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Tomé de Gondar é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo datos do IGE, tiña 820 habitantes no ano 2025, dos que 413 eran mulleres e 407 homes, o que representa un mínimo aumento respecto ó ano 2016, cando tiña 816 veciños, pero un descenso respecto a 2009, cando eran 852. Distribúense en 11 entidades de poboación.

Gondar no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.

Situada no norte do concello, linda ó nordés co concello de Meaño (parroquia de Dena); ó sueste coa parroquia de Nantes; ó sur coa de Adina, ó suroeste coa de Noalla e ó noroeste coa de Vilalonga.

Na división territorial eclesiástica, a parroquia de Gondar anexionouse á de San Pedro de Vilalonga. Por ese motivo, igual que acontece coa parroquia de Arra, non figura como parroquia na páxina web do concello de Sanxenxo.[2]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Segundo Nicandro Ares Gondar deriva do antropónimo gótico gontarius que sería o posuidor da vila.[3]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Gondar

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Gondar no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

A Bouza | O Carballo | Gondar de Abaixo | Gondar de Arriba | Gondariño | A Lomba | O Outeiro | Peai | Pedreiras | A Roza Vella | A Xunca Branca

Parroquias de Sanxenxo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. ↑ "Concello de Sanxenxo - Parroquias". www.sanxenxo.es. Consultado o 2022-03-22.
  3. ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2011). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-83-0.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]