Vilalonga, Sanxenxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°26′06″N 08°50′23″O / 42.43500, -8.83972

San Pedro de Vilalonga
Vilalonga, Sanxenxo.jpg
Igrexa parroquial
Concello Sanxenxo
Área 5,4 km²
Poboación 2.261 hab. (2016)
Densidade 418,7 hab./km²
Entidades de poboación 19

San Pedro de Vilalonga é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.261 habitantes (1.140 mulleres e 1.121 homes), o que representa un leve descenso respecto ó ano 2011, cando tiña 2.312 habitantes, e ó ano 2000, cando tiña 2.287.

Na división territorial eclesiástica, a parroquia de San Pedro de Vilalonga comprende tamén a extinguida parroquia de San Tomé de Gondar.

Limita ó norte coa ría de Arousa, ó sueste coa parroquia de Gondar, e ó suroeste coa de Noalla. A superficie da parroquia é de 5,4 km 2 (incluíndo Gondar), distribuídos en 19 entidades de poboación.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na igrexa parroquial houbo un baldaquino do que se conservan tres paneis, que foron cedidos en 1895 á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra e que hoxe forman parte dos fondos do Museo de Pontevedra. Nun deles represéntase a Anunciación, noutro a Adoración dos Reis e no terceiro a torre dun castelo, flanqueada polas chaves que simbolizan a San Pedro, e dous escudos nos extremos.

Próximos á igrexa de San Pedro e no lugar do Rebel hai dous pazos, ámbolos dous dos séculos XVI-XVII:

  • Pazo dos Pardo, con brasón dos Figueroa. Posúe unha pequena capela neoclásica.
  • Pazo do Rebel, hoxe reconvertido en hostal. Posúe un escudo dos Valladares e Rivera. Di a tradición que o nome lle vén dun conde, chamado Hermenegildo, que se rebelou ó reclamar a propiedade das salinas da Lanzada.

No mesmo lugar e fronte ós pazos, levantouse en 2011 o Centro de Saúde.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilalonga[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Vilalonga no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

Altamira | A Arnosa | A Bruñeira | O Carballal | O Castro | A Costiña | O Cruceiro | O Empalme | A Fianteira | O Freixo | O Igrexario | Lagarei | Piñeiros | O Rebel | Rouxique | A Salgueira | Tourada | A Touticeira | Vilar

Parroquias de Sanxenxo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gran Enciclopedia Galega, s. v. Sanxenxo.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]