Polpa dentaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sección transversal dun dente:
A coroa; B raíz
1 esmalte, 2 dentina, 3 polpa, 4 enxiva, 5 tecido conectivo, 6 óso, 7 vaso sanguíneo, 8 nervio.

A polpa dentaria (denominada moitas veces erroneamente nervio do dente) é o nome que recibe a estrutura interna do dente, formada por tecido conxuntivo laxo ricamente vascularizado e inervado, localizada no interior do órgano dentario e que, xunto co dentina, que a rodea, forma una estrutura integrada denominada complexo dentino-pulpar, que ten a súa orixe embriolóxica na papila dentaria.[1]

Embrioloxía da polpa dentaria[editar | editar a fonte]

Formación da papila dentaria[editar | editar a fonte]

Este tecido, reactivo e dinámico, orixínase a partir dun tecido conectivo (tecido mesenquimatoso) inmaturo, a papila dentaria. Unha sección vestíbulo-lingual a través dun dente temporal (de leite) e os seus tecidos circundantes, realizada aproximadamente na décima semana da xestación (na especie humana), mostra a papila dental na etapa de casquete do desenvolvemento. Este tecido encóntrase rodeado polo órgano do esmalte e un tecido conectivo fibroso laxo denominado saco dentario. O órgano do esmalte forma o esmalte; a papila dentaria participa no desenvolvemento da dentina e a polpa, e o saco dentario forma o periodonto.

Estudos experimentais en animais e en embrións humanos demostraron que a papila dentaria se inicia como unha rica rede vascular capilar e está sementada cun crecente número de células de tecido conectivo e fibras. A papila dentaria, na etapa de casquete da morfoxénese dentaria, consiste en moitos botóns activos de vasos sanguíneos e células indiferenciadas mitóticas.

A través dun aínda non moi ben comprendido mecanismo, o tecido mesenquimatoso (papila dentaria) inflúe na diferenciación dos tecidos de orixe ectodérmica (epitelio interno do esmalte) cara a ameloblastos. A colntinuacón, estes últimos estimulan a formación de odontoblastos no mesénquima subxacente.

O límite entre o epitelio interno do esmalte e os odontoblastos constitúe a futura unión amelodentinaria. A formación da vaíña epitelial de Hertwig, pola fusión do epitelio dos órganos do esmalte interno e externo, determina o límite entre a coroa e a raíz e representa a futura unión cementoadamantina.

O inicio da maduración da polpa coincide cos primeiros signos de formación da dentina. Esta maduración involucra a orientación e ordenación específica de aqueles compoñentes asociados cun tecido polpar funcional, por exemplo, células e un medio extracelular composto de coláxeno e substancia fundamental.

Os vasos sanguíneos e nervios simpáticos asociados aparecen ao principio da maduración. Os nervios sensitivos aparecen máis tarde e inician o seu crecemento cara a adentro da polpa en maduración despois de que o desenvolvemento da raíz progresa (por esta razón hai falta de sensibilidade na polpa en pacientes de pouca idade).

Despois de que os odontoblastos aparecen e producen unha capa de predentina, a papila dentaria adxacente convértese en polpa dentaria. Así mesmo, cando a primeira capa de predentina se formaou, o ameloblasto inicia a secreción de esmalte.[1]

Formación radicular[editar | editar a fonte]

Conforme a maduración e proliferación da polpa dental continúan, iníciase a erupción dentaria e a formación radicular. A vaíña epitelial radicular (diafragma epitelial) mantense relativamente fixa durante o desenvolvemento e crecemento das raíces. As células do diafragma epitelial causan a diferenciación dalgunhas das células do tecido conectivo subxacente a odontoblastos.

Estes formarán a dentina radicular. Debido a que o termo do desenvolvemento radicular é fixo, a proliferación do diafragma epitelial resulta nun movemento en sentido oclusal da coroa.

A medida que os odontoblastos radiculares forman a dentina da raíz, a continuidade da vaíña radicular interrómpese por células de tecido conectivo presentes no saco dentario, o que permite que as células antes mencionadas fagan contacto coa dentina e se diferencien en cementoblastos, que á súa vez formarán cemento.

Algunhas células da vaíña epitelial radicular permanecerán dentro do ligamento periodontal como restos de células epiteliai. Este remanentes, áseces, forman un quiste apical e son os precursores do epitelio que adoita proliferar en lesións inflamatorias periapicais.

En dentes con dúas ou tres raíces, o tronco radicular divídese por extensións en forma de lingüeta do diafragma horizontal, a nivel cervical. Isto orixina a formación de dous ou tres pequenos troncos (raíces).

Formación dos condutos laterales e do orificio apical[editar | editar a fonte]

Condutos laterais[editar | editar a fonte]

Se a vaíña epitelial radicular rompe antes de que a dentina radicular se forme, pode establecerse un contacto directo entre o ligamento periodontal e a polpa dentaria. Esta canle de comunicación denomínase conduto lateral ou accesorio. Un conduto deste tipo pode formarse si un vaso sanguíneo que estea entre a papila e o saco dentario non se despraza e enche durante o desenvolvemento da raíz e a formación do tecido duro.

Orificio apical[editar | editar a fonte]

Mediante codificación xenética, a proliferación epitelial cesa e o incremento na lonxitude da raíz detense. Conforme a erupción e formación dentarias continúan, a parte terminal apical da raíz (así como todo o espazo polpar) estréitase debido á aposición de dentina. O orifico apical modifícase máis aínda debido ao desenvolvemento do cemento.

Formación da dentición permanente[editar | editar a fonte]

Así como continúan a proliferación, histodiferenciación e morfodiferenciación da polpa temporal, o dente permanente sucesor e as súas estruturas circundantes xorden na porción lingual do seu predecesor. As estruturas do dente permanente desenvólvense con patróns similares durante a súa iniciación e maduración.

Debido a que a reabsorción radicular comeza pouco despois de que se formaran as raíces do dente temporal, os cambios coa idade ocorren máis rápido nas polpas primarias que nas permanentes. A principal diferenza coas polpas deciduas está na cantidade das súas fibras nerviosas. Un ensaio histoquímico para detectar a presenza de acetilcolinesterase mostrou menor cantidade de fibras nerviosas nas polpas primarias en comparación coas permanentes.

Histoloxía da polpa dentaria[editar | editar a fonte]

A polpa é un sistema de tecido conxuntivo laxo formado por células, substancia fundamental e fibras. As células fabrican unha matriz fundamental que despois actúa como base e precursora do complexo fibroso, o principal e relativamente estábel produto final do sistema. O complexo fibroso está composto principalmente por coláxeno e reticulina.

Células polpares[editar | editar a fonte]

O fibroblasto é un tipo de célula que sintetiza e mantén a matriz extracelular do tecido de moits animais. Estas células proporcionan unha estrutura en forma de armazón (estroma) a moi diversos tecidos e xogan un papel crucial na curación de feridas, sendo as células máis comúns do tecido conectivo. Derivan de células primitivas mesenquimais e pluripotenciais. As células estromáticas que potencialmente se poden transformar en fibroblastos, osteoblastos, adipocitos e células musculares, identifícanse en cultivos de medula ósea como células adherentes.

O fibroblasto sintetiza coláxeno e mucopolisacáridos da substancia amorfa. Migra e prolifera durante a cicatrización de feridas. Cando diminúe a súa actividade, denomínase fibrocito, que xa non pode dividirse. A restitución do tecido conectivo efectúase mediante o crecemento de fibroblastos xuvenís. O fibrocitos son fusiformes con poucos prolongamentos e núcleo pequeno, alongado e máis denso que o dos fibroblastos. Os fibroblastos son morfoloxicamente heteroxéneos, con diversas aparencias dependendo da súa localización e actividade.

Odontoblastos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Odontoblasto.

O odontoblasto é unha célula polpar moi diferenciada. O seu estudo vése limitado pola dificultade da obtención de cultivos celulares viábeis. A súa función principal é a dentinoxénese, é dicir, a produción de dentina, a substancia que está baixo o esmalte dentario.

Cabe destacar que dentro da pulpa dentaria se encontran células do sistema inmunitario, tales como células dendríticas, macrófagos e linfocitos.

Véxase también[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Pulpa dental (en castelán) Consultada o 112/12/2012.