Fibrocito
Un fibrocito é unha célula mesenquimática inactiva, que ten un citoplasma pequeno, un retículo endoplasmático rugoso pouco extenso e non presenta evidencias bioquímicas de síntese proteica.
O termo fibrocito contrasta co termo fibroblasto. Un fibrocito pode ser considerado como un fibroblasto en repouso. Os fibroblastos son células activas do tecido conectivo caracterizadas pola síntese de proteínas da matriz extracelular fibrosa, especialmente coláxenos. Cando o tecido sofre danos, as células mesenquimáticas predominantes, os fibroblastos, críase que derivaban dos fibrocitos ou de células do músculo liso que revisten os vasos sanguíneos ou glándulas. Normalmente, os fibroblastos expresan a proteína actina do músculo liso, unha forma de actina que se atopou primeiro nas células musculares lisas e non se atopa nos fibrocitos inactivos. Os fibroblastos que expresan esta forma de actina denomínanse "miofibroblastos" [1].
Recentemente o termo "fibrocito" foi aplicado tamén a células transportadas polo sangue que poden abandonar a circulación, entran nos tecidos e convértense en fibroblastos [2][3]. Como parte do tema máis xeral da bioloxía das células nai ou troncais, varios estudos suxiren que o sangue contén células derivadas da medula ósea que poden diferenciarse en fibroblastos. Estas células expresan o marcador de superficie de células hematopoéticas CD34+, CD45+, e tamén o coláxeno. Estas células poden migrar aos sitios que sufriron danos, o que suxire que exercen unha función na curación de feridas. Varios estudos suxiren que os fibrocitos median na curación das feridas e a reparación do tecido fibrótico.[4][5][6]
Nomenclatura
[editar | editar a fonte]A nomenclatura fibrocito/fibroblasto foi un pouco confusa na literatura. A terminación blasto utilízase xeralmente para designar células indiferenciadas, pero o fibroblasto é unha célula diferenciada. A terminación cito utilízase xeralmente para designar células diferenciadas, pero o fibrocito é unha célula indiferenciada ou en repouso. Orixinariamente o termo fibroblasto creouse para describir unha célula "creadora de fibras" do tecido conxuntivo e non para nomear unha célula inmatura. Algúns autores usaron como sinónimos os dous termos para denominar as células diferenciadas. Outros distinguen o fibrocito como célula indiferenciada ou en repouso e o fibroblasto como diferenciada, que é o máis común.[7] Hai unha tendencia a utilizar só fibroblasto. O uso máis recente de fibrocito é o de célula que circula polo sangue e se diferencia en fibroblasto nos tecidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boris Hinz, Sem H. Phan, Victor J. Thannickal, Andrea Galli, Marie-Luce Bochaton-Piallat, Giulio Gabbiani. The Myofibroblast. One Function, Multiple Origins. Am J Pathol. 2007 June; 170(6): 1807–1816. doi: 10.2353/ajpath.2007.070112 PMCID: PMC1899462 [1]
- ↑ Robert M. Strieter, Ellen C. Keeley, Marie D. Burdick, Borna Mehrad. The Role of Circulating Mesenchymal Progenitor Cells, Fibrocytes, in Promoting Pulmonary Fibrosis. Trans Am Clin Climatol Assoc. 2009; 120: 49–59. PMCID: PMC2744511 [2]
- ↑ Phillips RJ, Burdick MD, Hong K, Lutz MA, Murray LA, Xue YY, Belperio JA, Keane MP, Strieter RM. Circulating fibrocytes traffic to the lungs in response to CXCL12 and mediate fibrosis. J Clin Invest. 2004 Aug;114(3):438-46. PMID 15286810 [3]
- ↑ Yang L, et al., Peripheral blood fibrocytes from burn patients: identification and quantification of fibrocytes in adherent cells cultured from peripheral blood mononuclear cells. Lab Invest. 2002 Sep;82(9):1183-92.
- ↑ Schmidt M, Sun G, Stacey MA, Mori L, Mattoli S. Identification of circulating fibrocytes as precursors of bronchial myofibroblasts in asthma. J Immunol. 2003 Jul 1;171(1):380-9. PMID 12817021
- ↑ Moore BB, Kolodsick JE, Thannickal VJ, Cooke K, Moore TA, Hogaboam C, Wilke CA, Toews GB. CCR2-mediated recruitment of fibrocytes to the alveolar space after fibrotic injury. Am J Pathol. 2005 Mar;166(3):675-84. PMID 15743780
- ↑ D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 151-152. ISBN 84-7605-361-4.