Gelem Gelem (en lingua romaní: camiñei, camiñei) é o nome que recibe o Himno Internacional Xitano. Tamén é coñecido polos seguintes títulos: Djelem Djelem, Zhelim Zhelim, Opré Roma e Romane Shavale.
Foi declarado internacionalmente como Himno Internacional Xitano durante o Primeiro Congreso Internacional Xitano celebrado en Londres en 1971, cando se creu necesario facer un himno e unha bandeira común que unificase as diversas comunidades xitanas dispersas por todo o mundo.