Etnoxénese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Etnoxénese (do grego: etnia (nación) + "xénese (nacemento), en grego: Εθνογένεσις) é o proceso mediante o cal un grupo de seres humanos pasa a ser considerado como etnicamente distinto. A etnoxénese implica a aparición e difusión duns trazos culturais e sociopolíticos específicos que diferencian ós membros dun grupo étnico doutros grupos étnicos relacionados.

Algúns pobos que se consideraban extintos, iniciaron un proceso de etnoxénese. Neste caso trátase da procura do seu recoñecemento como grupos socioculturais diferentes.[1] No nordeste do Brasil moitos grupos indíxenas actuais teñen a súa orixe na fusión de grupos étnicos diferentes con linguas diferentes, entre eles están os karirí-xukurú, os karirí-xocó ou os aticum.

Evolución do número de linguas en Nova Guinea. Estimado segundo un modelo loxístico supoñendo uns 1500 anos para a diverxencia completa entre a lingua de dúas comunidades con orixe común, e tendo en conta que o número actual de linguas está entre 700 e 800.

A etnoxénese tamén pode ter unha orixe no crecemento da poboación, cando algúns territorios escasamente poboados foron poboados no paleolítico. Polo xeral, o tamaño dunha comunidade medraba até o punto que a comunidade se dividía en dúas e unha parte dela trasladábase a uns quilómetros da primeira. Co tempo a lingua e a cultura de ámbalas dúas comunidades ían diferindo até configurar dous grupos étnicos diferentes cunha orixe común. Este podería ser o principal proceso de etnoxénese en moitas áreas do planeta como Nova Guinea, que no presente é a área lingüisticamente máis diversa do planeta con 700 a 800 linguas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Criterios de clasificación de los grupos". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2015. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.