Galiña de río
Galiña de río | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gallinula chloropus chloropus
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Gallinula chloropus (Linné, 1758) | |||||||||||||||
A galiña de río (Gallinula chloropus (Linné, 1758))[2], tamén chamada galiñola,[3] galiña de auga, pita de auga ou pita de río,[4] é unha especie de ave gruiforme da familia Rallidae que habita en Eurasia e África. Non se debe confundir coa especie: Porzana pusilla.
Descrición
[editar | editar a fonte]A galiña de río común mide aproximadamente 37 cm de longo. Presenta un escudo facial vermello, faixas brancas nos flancos, plumaxe negra e patas amarelas. Os individuos inmaturos son de cor castaña escura co abdome máis claro, sen o escudo facial vermello.
Aliméntase dunha gran variedade de material vexetal, alén de pequenos animais acuáticos. Frecuenta lagos, lagoas, canles, pantanos e tamén lagunas salobres. É ave migratoria, marchando para o norte durante o inverno austral.
O niño é unha cesta cuberta construída no chan entre vexetación densa. A femia deposita entre 8 e 12 ovos. Pode haber unha segunda niñada no ano, composta entre 5 e 8 ovos. A incubación dura aproximadamente tres semanas e realízana ambos pais.
Distribución
[editar | editar a fonte]Amplamente distribuída no mundo, existen aproximadamente 12 subespecies, ademais de dous representantes do Plioceno Superior de América do Norte:
- G. c. chloropus (Linnaeus, 1758): do nordés de Europa ao norte de África e para o leste até a Siberia Central e das rexións húmidas do sur de Asia até o Xapón e Malaisia Central; tamén encontrada en Sri Lanka e Illas Canarias, Azores, Cabo Verde e Illa da Madeira.
- G. c. galeata (Lichtenstein, 1818), actualmente considerada unha especie distinta, G. galeata[5]: de Trinidad e Tobago, Güianas ao sur do Brasil, norte da Arxentina e o Uruguai. Alcanza o arquipélago de Tristão da Cunha, auxiliada polos ventos de oeste.
- G. c. orientalis (Horsfield, 1821): Seychelles, Illas Andaman e sur de Malaisia até a Indonesia, Filipinas e Palau.
- G. c. meridionalis (C. L. Brehm, 1831): África subsahariana e Santa Helena.
- G. c. pyrrhorrhoa (A. Newton, 1861): Madagascar, Illas Reunión, Illas Mauricio e Illas Comores.
- G. c. garmani (Allen, 1876): Andes, do Perú ao nordés da Arxentina.
- G. c. sandvicensis (Streets, 1877): endémica do Hawai.
- G. c. cerceris (Bangs, 1910): Antillas, agás Trinidad e Barbados, e sur da Florida.
- G. c. cachinnans (Bangs, 1915): do sueste do Canadá ao oeste do Panamá. Presente tamén nas Illas Galápagos e Bermudas.
- G. c. pauxilla (Bangs, 1915): das planicies do leste do Panamá ao nordeste do Perú.
- G. c. guami (Hartert, 1917): endémica do nordés das Illas Marianas.
- G. c. barbadensis (Bond, 1954): endémica de Barbados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Nome en galego en Guía das aves de Galicia, A Coruña, Baía Edicións, 1991 e Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galiñola.
- ↑ "Rails, Crakes & Coots". IOC World Bird List (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2011.