Pilro tridáctilo
| Pilro tridáctilo | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Calidris alba Peter Simon Pallas 1764 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Nome curto
| |||||||||||
|
Sinonimia
| |||||||||||
| Conservación | |||||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||||
| Distribución | |||||||||||
|
Endémico en
| |||||||||||
|
Área de distribución
| |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Aves | ||||||||||
| Orde | Charadriiformes | ||||||||||
| Familia | Scolopacidae | ||||||||||
| Xénero | Calidris | ||||||||||
| Especie | C. alba | ||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
O pilro tridáctilo[1][2] ou pilro bulebule[3][4][5] (Calidris alba) é unha ave limícola de pequeno tamaño.
Descrición
[editar | editar a fonte]Mide de 18 a 21 cm de lonxitude. No inverno destaca pola súa plumaxe moi clara: a parte superior é gris ou gris moi clara, case branca, a inferior é branca. Teñen unha mancha negra nos ombreiros. As patas e o bico son escuras. Ten tres dedos nos pés, faltando o dedo posterior. En voo teñen aparenza gris pratexada, cunha banda alar branca ben visible.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Cría na tundra ártica e en illas árticas coma as Spitzbergen. A subespecie Calidris a. alba cría na zona eurasiática e a C. a. rubida, na americana.
A época de cría é curta. Fan en xeral dúas postas de 3 ou 4 catro ovos de cor verde oliva cada unha.
Hábitat é distribución
[editar | editar a fonte]En inverno aparece a miúdo en praias de area, nas que captura crustáceos é vermes. É caraterística a súa habilidade para fuxiren das ondas sen ter que voar. Dependendo das poboacións fan só migracións curtas no inverno ou de longa distancia, que os levan ata Suráfrica, Australia e Suramérica.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X.
- ↑ Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-69-9.
- ↑ "Pilro". Dicionario de galego. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016.
