Saltar ao contido

Pilar Quintana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPilar Quintana

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Cali, Colombia Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Xaveriana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoXénero literario Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Pilar Quintana, nada en Cali en 1972, é unha escritora colombiana. Foi a gañadora do Premio Alfaguara de Novela do ano 2021.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pilar Quintana naceu en Cali, Colombia en 1972. Estudou no colexio Liceo Benalcázar de Cali e posteriormente comunicación social na Universidade Xaveriana de Bogotá. Logo de graduarse traballou como libretista de televisión e redactora de textos para publicidade. Viaxou tres anos polo mundo e ao seu regreso a Colombia radicouse no Pacífico colombiano.

En 2007 foi elixida como unha das 39 escritoras menores de 39 anos máis destacados de América Latina polo Hay Festival. En 2010 a súa novela Coleccionistas de polvos raros recibiu o premio La Mar de Letras, outorgado polo festival La Mar de Músicas de Cartaxena, en España. En 2011 representou a Colombia no International Writing Program da Universidade de Iowa.

En 2018 a súa novela La perra recibiu o IV Premio Biblioteca de Narrativa Colombiana.[4] Na acta do xurado lida por Alonso Cueto, escribiuse sobre a novela: “ante todo, a grande economía e calidade literaria da prosa; a súa capacidade de amosar unha extraordinaria opresión no medio dunha grande apertura e inmensidade xeográfica. O libro lese sen pausa e a súa historia conflúe cara á descrición sen estridencias retóricas dun pequeno drama que se relata de maneira serena, firme e luminosa”.[5]

En 2021 gañou o XXIV Premio Alfaguara de Novela coa obra titulada "Los abismos", un libro no que trata as relacións familiares dende a perspectiva dunha nena. Nesta edición presentáronse máis de 2400 obras nas que o xurado formado por Héctor Abad Faciolince como presidente, xunto a Irene Vallejo, Cristina Fuentes La Roche, Ana Merino, Xavi Ayén, Xavier Vidal e Pilar Reyes seleccionou a obra de Quintana.[1]

A súa obra caracterízase por estar relacionada con aspectos da violencia colombiana, o erotismo e o realismo. Publicou as novelas Cosquillas en la lengua (Planeta, 2003), Coleccionistas de polvos raros (Norma, 2007; El Aleph, El Cobre, 2010), Conspiración iguana (Norma, 2009); a colección de contos "Caperucita se come al lobo" (Cuneta, 2012) e La perra (Random House, 2017), ademais de contos en revistas e antoloxías de Latinoamérica, España, Italia, Alemaña, os Estados Unidos e Filipinas.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Cosquillas en la lengua. Editorial Planeta, 2003, Bogotá.
  • Coleccionistas de polvos raros. Grupo Editorial Norma, 2007, Bogotá. Barcelona: El Aleph, 2010 (edición revisada).
  • Conspiración iguana. Grupo Editorial Norma, 2009, Bogotá.
  • La perra. Literatura Random House, 2017, Bogotá. Gañadora do IV Premio Biblioteca de Narrativa Colombiana.
  • Los abismos. Alfaguara, 2021. Gañadora do XXIV Premio Alfaguara de Novela.
  • La perra. Editorial Alfaguara, 2023.

Coleccións de contos

[editar | editar a fonte]
  • Caperucita se come al lobo. Santiago de Chile: Editorial Cuneta, 2012.

Contos en antoloxías entre 2007 e 2010

[editar | editar a fonte]
  • "Violación". B 39: Antología de cuento latinoamericano. Bogotá: Ediciones B, 2007.
  • "El hueco". Etiqueta Negra, agosto de 2008.
  • "La nueva aventura Caperucita Roja, donde ella se come al lobo". SoHo, outubro de 2008.
  • "Olor". Eñe: Nuevos escritores de América Latina, inverno de 2008.
  • "El estigma de Yossef". Avianca, decembro de 2008.
  • "Una segunda oportunidad". El corazón habitado: Últimos cuentos de amor en Colombia. Cádiz: Algaida, 2010.
  • "No sos vos, es tu...". SoHo, novembro de 2010.

Recoñecmentos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "La colombiana Pilar Quintana gana el Premio Alfaguara con una novela de relaciones familiares". ELMUNDO (en castelán). 2021-01-21. Consultado o 2021-01-21. 
  2. Tiempo, Casa Editorial El (2020-11-30). "¿Quién es Pilar Quintana? En esta entrevista revela todo". El Tiempo (en castelán). Consultado o 2021-01-21. 
  3. "Portada". Premio Alfaguara (en castelán). Consultado o 2021-01-21. 
  4. "PBNC - Promoción de lectura - Biblioteca Luis Echavarría Villegas". www.eafit.edu.co. Arquivado dende o orixinal o 1 de marzo de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  5. "La escritora colombiana Pilar Quintana gana el premio Alfaguara 2021". abc (en castelán). 2021-01-21. Consultado o 2021-01-21. 
  6. "La colombiana Pilar Quintana gana el Afaguara con un relato de crisis familiar". La Vanguardia (en castelán). 2021-01-21. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 2021-01-21.