Pigargo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pigargo
Haliaeetus albicilla 1 (Bohuš Číčel).jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Haliaeetus
Especie: H. albicilla
Nome binomial
'Haliaeetus albicilla'
Linnaeus, 1758
Verde claro: zona de críaAzul: zona de invernadaVerde escuro: presente todo o ano

Verde claro: zona de cría
Azul: zona de invernada
Verde escuro: presente todo o ano
Sinonimia
  • Falco albicilla (Linnaeus, 1758)
  • Haliaeetus albicilla albicilla
  • Haliaeetus albicilla groenlandicus

O pigargo,[2] tamén coñecido como pigargo rabalbo ou pigargo de rabo branco[3] (Haliaeetus albicilla) é unha ave rapaz da familia dos Accipítridos.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

É unha aguia de gran tamaño cun enorme peteiro amarelo. A plumaxe é escura, agás a cola e a cabeza que van branquexando conforme ó envellecemento do individuo. A femia é lixeiramente meirande có macho.

Reprodución[editar | editar a fonte]

A posta consiste en 2-3 ovos, sendo realizada en febreiro ou marzo. Os ovos son chocados por ambos proxenitores durante uns 40 días. As parellas son estables e en ocasións conviven no mesmo territorio varias familias; trátase dunha das aguias máis sociábeis.

Nutrición[editar | editar a fonte]

Ecléctica, dende peixes ata limícolas e anátidos, chegando incluso a capturar cisnes ou grúas. Tamén mamíferos, dende roedores ata crías de cervos, focas ou raposos. É unha especie moi habilidosa na caza, chegando a cazar en grupo.

Distribución[editar | editar a fonte]

Dende o norte e leste de Europa, ata a península de Kamchatka, Anadyr, norte de China e sur de Groenlandia. Na Europa occidental foi exterminada, considerándose a especie extinta en Francia, Italia, na totalidade das Illas Británicas e nas illas do Mediterráneo. En Alemaña estivo a piques de seguir a mesma sorte. Así á comezos do século XX, só había parellas estables na Pomerania e en Mecklemburgo. Grazas as medidas de protección desenroladas ó longo de décadas, conseguiuse estabilizar unha pequena poboación en Schleswig-Holstein. Ademais no 1992 acadouse a primeira cría con éxito na Baixa Saxonia. A comezos do século XXI, estimouse unha poboación estable de preto de 200 parellas en Alemaña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pigargo.
  3. Varios autores. "Os nomes galegos das aves" (PDF). Consultado o 27 de setembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]