Pierogi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Un prato de Rússkie pirozhkí.

Os pierogi (outras posíbeis denominacións: perogi, perogy, piroghi, ou pyrohy), en Rusia coñecido coma pirozhkí ou varéniki, é un dos pratos máis típicos da Europa do leste (principalmente da cociña polonesa, ucraína e rusa. Pierogi é a denominación en plural deste prato (en polaco pieróg). A verba provén da forma do eslavo arcaico "pir" (festividade).

Consiste en pasta rechea de diferentes tipos e variedades de vexetais (posúe algunha similitude cos ravioli).

Orixe[editar | editar a fonte]

Os pierogi seica teñen a súa orixe nos países da Europa central e oriental; son moitos os países desta área que claman pola orixinalidade da súa invención, como Polonia, Rusia, Lituania, Ucraína, Eslovaquia, e República Checa. Téñense atopado semellanzas con algúns pratos orientais coma os jiaozi, dando lugar á especulación (ben fundada ou non) de que foran as invasións mongolas e tártaras as que levaron esta receita ao leste de Europa.

Pierogi en elaboración.

Características[editar | editar a fonte]

Pierogi son un tipo de pasta con forma semicircular que adoitan estar recheos de queixo, puré de patacas, repolo, cebolas, carne, ovo cocido (este elemento é máis específico dos Menonitas), ou calquera combinación deles, podendo levar incluso un recheo de froita. Adóitanse fritir ou cocer até flotaren na tona da auga e posteriormente úntanse con manteiga ou aceite; as alternativas inclúen a tradición menonita de cociñar e servir cun borsch (caldo), e a polonesa de cocer e posteriormente fritir en manteiga.

En Rusia sérvense cunha boa cantidade de smetana, e acompáñase con anacos de touciño entrefebrado ou cebolas fritidas. Os máis populares recheos son de queixo, puré de patacas e cebolas. Cando son de forma redonda e recheos de carne denomínanse pelmeni (пельмени) e son orixinarios de Asia, son moi populares ao longo de toda Rusia, así coma nalgunhas outras exrepúblicas soviéticas.

É doado atopar pirozhkí, pelmeni e varéniki en calquera parte de Rusia, así coma nos países onde existan comunidades destas nacionalidades.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]