Ravioli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un prato de ravioli

Os ravioli[1] (plural de raviolo) son un tipo de pasta alimenticia composta por dúas láminas moi delgadas de forma cadrada, reenchidas de diversos ingredientes, como carne, queixo ou verduras[2]. Basicamente son coma pequenos pasteis de masa feita con fariña de trigo e ovo, que se reenchen con carne, peixe, vexetais ou queixo e se cocen nalgún tipo de mollo. Son típicos da gastronomía de Italia. [3]

Cando se usa a palabra en singular, normalmente reférese a un pastel grande, preparado de maneira semellante aos pequenos mais cunha xema de ovo enteira [4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. "Fadel, Regina "Ravioli de carne con mollo boloñesa" no site TudoGostoso.com.br". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2015. 
  4. "Raviolo con Uova e Spinaci" de Luiz Cintra no site Terra.com.br

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]