Piero Dusio
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de outubro de 1899 Scurzolengo, Italia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 7 de novembro de 1975 (76 anos) Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Italia (1946–1975) Reino de Italia (1899–1946) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo (1929–1952), futbolista , empresario , enxeñeiro , piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua italiana | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Piero Dusio, nado en Scurzolengo (provincia de Asti) o 13 de outubro de 1899 e finado en Buenos Aires o 7 de novembro de 1975, foi un futbolista, empresario e piloto italiano.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa carreira futbolística activa (tres partidos coa Juventus 1921-22)[2] terminou cunha lesión no xeonllo, despois comezou un negocio téxtil (hule), que se converteu en material deportivo e en provedor de uniformes militares. Dirixiu a Juventus Organizzazione Sportiva Anonima (O.S.A.) entre 1941 e 1943, que pasou a formar parte da firma Cisitalia en 1944 e ata foi presidente da Juventus de 1942 a 1948.
Participou na Mille Miglia (1929-38), foi o sexto no Gran Premio de Italia de 1936, logrou unha vitoria de clase (50º na xeral) na Mille Miglia nun Siata 500cc (1937) e formou a Scuderia Torino (1939).[3][4] Encomendou a Dante Giacosa de Fiat desenvolver un automóbil de carreiras (1944) e formou o "Consorzio Industriale Sportiva Italia" (1944). A empresa converteuse en Cisitalia e involucrou a Carlo Abarth, Rudolf Hruska e Ferry Porsche. Tres D46 encabezaron a local Coppa Brezzi (calebrada co Gran Premio de Turín de 1946, Dusio terminou 1º.[5]
Dusio continuou financiando proxectos de automobilismo, pero os gastos en enxeñería do complexo 202MM[6] case arruinan a Cisitalia (1947), ademais de involucrar a corporación Juventus. En consecuencia, Dusio emigrou a Arxentina e fundou Autoar (Automotores Arxentinos) S.A.I.C. (22 de marzo de 1949),[7] financieiramente apoiado por Juan Peron.[8] O seu fillo, Carlo Dusio, continuou dirixindo a refinanciada compañía Cisitalia Torino (1948-1964).[9]
Dusio intentou, pero non puido, clasificarse para un Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un o Gran Premio de Italia de 1952 cun Cisitalia (D46), pero non conseguiu establecer un tempo na práctica debido a problemas do motor. Correu no Gran Premio de Buenos Aires en 1954 e tamén fundou Cisitalia Argentina Industrial y Comercial SA, deseñando automóbiles como o Cisitalia 750 (1960).
Morreu en Buenos Aires en 1975.
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Resultados completos no Campionato de Europa
[editar | editar a fonte](clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1935 | Scuderia Subalpina | Maserati 8CM | Maserati 3.0 L8 | MON Ret |
FRA | BEL | ALE | SUI | ITA | ESP | 32º | 55 |
1936 | Scuderia Torino | Maserati 6C-34 | Maserati 3.7 L6 | MON | ALE | SUI | ITA 6 |
18º | 28 | |||
fonte:[10]
|
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | Piero Dusio | Cisitalia D46 | BPM 2.0 L4 | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | NED | ITA NSC |
NC | 0 |
Fonte:[11]
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Donatella Biffignandi, Piero Dusio from museoauto.it, an online museum for automotive issues, last accessed on 12 de novembro de 2016.
- ↑ Piero Dusio soccer statistics at juworld.net, last accessed 12 de novembro de 2016
- ↑ "historicracing.com.". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2018. Consultado o 06 de abril de 2018.
- ↑ "sporting-to.com.". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2006. Consultado o 06 de abril de 2018.
- ↑ "Coppa Brezzi 1946". Consultado o 2016-11-12.
- ↑ "Piero Dusio & the Cisitalia". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2006. Consultado o 06 de abril de 2018.
- ↑ "Autoar Historia". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 06 de abril de 2018.
- ↑ forix.com
- ↑ Cisitalia Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ "THE GOLDEN ERA – OF GRAND PRIX RACING". kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2016.
- ↑ "Piero Dusio – Grand Prix not started". statsf1.com. Consultado o 15 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Piero Dusio |