Philip Kerr
Philip Ballantyne Kerr, nado en Edimburgo (Escocia) o 22 de febreiro de 1956 e finado en Londres, o 23 de marzo de 2018, foi un autor de novelas británico, coñecido pola serie de novela negra protagonizada por Bernie Gunther.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende Edimburgo, seus pais trasladáronse a Northampton, onde comezou os primeiros estudos. Entre 1974 e 1980, estudou na Universidade de Birmingham onde obtivo un grao en leis e realizou un postdoutorado en dereito e filosofía.[3] Traballou como redactor publicitario para Saatchi e Saatchi.[3]
A partir de 1989, convértese en escritor a tempo completo, coa publicación de March Violets (traducido: Violetas de marzo), obra que inicia unha xeira de novelas de suspense histórico ambientados na década do anos 30, na Alemaña nazi, coñecida como Triloxía berlinesa —ou Berlin Noir—, protagonizada polo detective alemán Bernhard «Bernie» Gunther, que se irán desenvolvendo até a Segunda guerra mundial e a guerra fría. Esta serie é a que lle deu máis recoñecemento internacional.
Tamén escribiu outras dúas series de novelas: unha de tipo xuvenil baixo o nome de P. B. Kerr, como a serie Children of the Lamp (traducido: os rapaces da lámpada) e a segunda, recollida como Serie Scott Manson, ambientada no mundo do fútbol, no que o protagonista, Scott Manson, é o segundo adestrador do London City (equipo ficticio da liga inglesa) e debe afronta-lo problemas, deportivos e extradeportivos, polos que pasa o club. Aparecen reflectidos os temas presentes acotío nun club de fútbol: os cartos, as negociacións, os egos dos xogadores, o racismo dalgúns afeccioados ou a homofobia latente.
Tamén realizou un feixe de novelas independentes e foi colaborador de varios xornais como The Sunday Times, London Evening Standard e New Statesman.
Estaba casado coa novelista Jane Thynne coa que tivo tres fillos[4] e vivían en Wimbledon[5], Londres. Finou o 23 de marzo de 2018, a causa do cancro.[6]
Pouco antes de morrer, rematara a derradeira novela protagonizada por Bernie Gunther, Metrópole, que será publicada en 2019.[6]
Premios e honras
[editar | editar a fonte]En 1993, Kerr foi nomeado en Granta, na lista de Mellores Novelistas Novos británicos.
En 2009 recibiu, en España, o III Premio RBA de Novela Policial, o de maior dotación da súa especialidade -125 000 euros- por If the Dead Rise Not,[7] cuxa historia transcorre en Berlín, en pleno apoxeo do nazismo, pouco antes das Olimpiadas e a Segunda guerra mundial. Este título forma parte da «serie Bernie Gunther». O mesmo ano, o libro tamén gañou o prestixioso Premio Peters Ellis da Asociación británica de Escritores de Crimes.[8] A súa novela, Prussian Blue, foi escollida para a lista do ano 2018, do Premio Walter Scott de ficción histórica.[9]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]Serie Bernie Gunther
[editar | editar a fonte]- "Berlin Noir": Triloxía Bernie Gunther, reeditada en 1993 por Penguin Books, nun só volume (ISBN 978-0-14-023170-0)
- March Violets (1989). Londres: Viking. ISBN 0-670-82431-3 (ambientada en 1936)
- The Pale Criminal (1990). Londres: Viking. ISBN 0-670-82433-X (ambientada en 1938)
- A German Requiem (1991). Londres: Viking. ISBN 0-670-83516-1 (ambientada en Berlín e Viena 1947-48)
- Outras novelas de "Bernie Gunther"
- The One From the Other (2006). Nova York: Putnam. ISBN 978-0-399-15299-3 (ambientada en Múnic, 1949).
- A Quiet Flame (2008). Londres: Quercus. ISBN 978-1-84724-356-0 (ambientada en Bos Aires, 1950).
- If The Dead Rise Not (2009). Londres: Quercus. ISBN 978-1-84724-942-5 (ambientada en Berlín 1934 e A Habana,1954). Premio RBA de Novela Policial.
- Field Grey (2010). Londres: Quercus. ISBN 978-1-84916-412-2 (ambientada en A Habana en 1954, con flashbacks en Berlín, 20 anos antes).
- Prague Fatale (2011). Londres: Quercus. ISBN 978-1-84916-415-3 (ambientada en Berlín e Praga, 1941).
- A Man Without Breath (2013). Londres: Quercus. ISBN 978-1-78087-624-5 (ambientada na Oficina de Crimes de Guerra da Wehrmacht, en 1943).
- The Lady From Zagreb (2015). Londres: Quercus. ISBN 978-1-78206-582-1, (ambientada en Berlín, Croacia e Suíza en 1942-3, con escenas en 1956).
- The Other Side of Silence (2016). Londres: Quercus. ISBN 978-1-78429-514-1 (ambientada na Riviera Francesa, en 1956).
- Prussian Blue (2017). Londres: Quercus. ISBN 978-1-78429-648-3 (ambientada en 1939, con escenas en 1956).
- Greeks Bearing Gifts (2018). Londres: Quercus. ISBN 978-1-78429-652-0
- Metropolis (2019). Londres: Quercus.
Serie de novelas de Scott Manson
[editar | editar a fonte]- January Window (2014). Londres: Head of Zeus. ISBN 978-1784082536
- Hand of God (2015). Londres: Head of Zeus. ASIN: B00PULYUSW
- False Nine (2015). Londres: Head of Zeus. ASIN: B00UVK10AS
Novelas independentes
[editar | editar a fonte]- A Philosophical Investigation (1992). Londres: Chatto & Windus, 1992. ISBN 0-7011-4553-6.
- Dead Meat (1993). Londres: Chatto & Windus. ISBN 0-7011-4703-2.
- Gridiron (vt US The Grid) (1995). Londres: Chatto & Windus. ISBN 0-7011-6248-1
- Esau (1996). Londres: Chatto & Windus. ISBN 0-7011-6281-3
- A Five Year Plan (1997). Londres: Hutchinson. ISBN 0-09-180165-6
- The Second Angel (1998). Londres: Orion. ISBN 0-7528-1443-5
- The Shot (1999). Londres: Orion. ISBN 0-7528-1444-3
- Dark Matter: The Private Life of Sir Isaac Newton (2002). Nova York: Crown. ISBN 0-609-60981-5
- Hitler's Peace (2005). NovaYork: Marian Wood. ISBN 0-399-15269-5
- Prayer (2013). Londres: Quercus. ISBN 978-1782-06573-9
- The Winter Horses (2014). NovaYork: Knopf. ISBN 978-0-385-75543-6
- Research (2014). Londres: Quercus. ISBN 978-1782-06577-7
Non fiction
[editar | editar a fonte]- The Penguin Book of Lies (1991) Londres: Penguin Books. ISBN 978-0140157338
- The Penguin Book of Fights, Feuds and Heartfelt Hatreds: An Anthology of Antipathy (1993) Londres: Penguin Books. ISBN 978-0140156256
Ficción xuvenil (asinado como P. B. Kerr)
[editar | editar a fonte]- Serie Children of the Lamp
- The Akhenaten Adventure (2004). Londres: Scholastic Press. ISBN 0-439-96365-6
- The Blue Djinn of Babylon (2005). Londres: Scholastic Press. ISBN 0-439-95950-0
- The Cobra King of Kathmandu (2006). Londres: Scholastic Press. ISBN 0-439-95958-6
- The Day of the Djinn Warriors (2007). Londres: Scholastic Press. ISBN 978-1-4071-0365-5
- The Eye of the Forest (2009). Londres: Scholastic Press. ISBN 978-0-439-93215-8
- The Five Fakirs of Faizabad (2010). Londres: Scholastic Press. ISBN 978-0545126595
- The Grave Robbers of Genghis Khan (2011). Londres: Scholastic Press. ISBN 978-0545126601
- Outras novelas
- One Small Step (2008). Londres: Simon & Schuster. ISBN 978-1-84738-300-6
- The Most Frightening Story Ever Told (2016). NovaYork: Alfred A. Knopf. ISBN 978-0-553-52209-9
- Frederick the Great Detektive (2017). No Rush Limited. ISBN 978-3-499-21791-3
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Summary Bibliography: Philip Kerr". isfdb.org (en inglés). Consultado o 27-03-2018.
- ↑ Europa Publications, ed. (2003). The International Who's Who 2004 67. Psychology Press. p. 875. ISBN 9781857432176.
- ↑ 3,0 3,1 Clements, Toby (23-01-2012). "Philip Kerr: Interview". telegraph.co.uk. Consultado o 27-03-2018.
- ↑ Summers, Hannah. "Philip Kerr, author of Bernie Gunther novels, dies aged 62". theguardian.com (en inglés). Consultado o 27-03-2018.
- ↑ May, Lauren (13-09-2013). "Tom Hanks poised to bring novels of Wimbledon author Philip Kerr to small screen". yourlocalguardian.co.uk. Consultado o 27-03-2018.
- ↑ 6,0 6,1 Onwuemezi, Natasha (26-03-2018). "Quercus pays tribute to 'cherished' author Philip Kerr". thebookseller (en inglés). Consultado o 27-03-2018.
- ↑ Tremlett, Gilles (4-09-2009). "Philip Kerr wins €125,000 RBA crime writing prize". theguardian.com. Consultado o 27-03-2018.
- ↑ "Philip Kerr wins the CWA Ellis Peters Historical Award 2009". Web Archive:The Crime Writer's Association. Archived from the original on 07-11-2013. Consultado o 27-03-2018.
- ↑ "The 2018 Prize". The Walter Scott Prize for Historical fiction. Arquivado dende o orixinal o 30-03-2018. Consultado o 27-03-2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Philip Kerr |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Oficial P. B. Kerr sitio web
- Bernie Gunther fansite
- Entrevista en Shotsmag Ezine 2011Arquivado 27 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
- Entrevista con Philip Kerr sobre a relación de Kerr con Berlín.
- Entrevista con Philip Kerr en Página Dos (RTVE).